Somos a radio do Programa de Estudos en Mancomún: un espazo de aprendizaxe mancomunado, pousado sobre a intersección de tres fíos os Comúns as Ruralidades e os Feminismos. Cada mes, ofreceremos un cachiño das nosas sesións formativas a través de conversas coas persoas que as dinamizan e a rede de socixs e colaboradorxs do Programa de estudos.
Abaixo poderás atopar todos os nosos podcast, que subimos cunha pediodicidade mensual, unha vez finalizado cada un dos módulos.
Abaixo poderás atopar todos os nosos podcast, que subimos cunha pediodicidade mensual, unha vez finalizado cada un dos módulos.
Créditos: Lara Dopazo, Uxía Buciños e Olga Romasanta, comuneiras do PEMAN, levamos este espazo da man da coordinación do Programa. Agradecemos a cesión do tema do ambente sonoro a Bouba Pandereteiras mais a Beat.Downsing e a careta do Programa a Iñaki de Montenoso.
Modulo I PEMAN: ERGOSFERA
Entrevista a Iago de Ergosfera na que falamos do seu módulo para o PEMAN, o pasado 26 de novembro, baixo o título “O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas-rúas galegas”. Tivemos un roteiro dende Friol ata a parroquia de Carballo, da man da súa Comunidade de Montes, e fixems un percurso polo trazado das estradas e o que hai as suas beiras. Esto foi o que nos contaron.
A segunda sesión do Programa de Estudos en Mancomún levounos ata Allariz. Alí nos atopamos con Celtia Traviesas e María José Fernández, que forman xuntas as Aldeas de Bogo. E con elas da man fomos pensando como é hoxe vivir no rural. Existen novos -fronte aos vellos- xeitos de vivir no rural? Poden convivir? Cales son os conflictos que atravesan as comunidades? Cales os seus beneficios e cales os seus inconvenientes? Disto nos falan Celtia Traviesas e María José Fernández, ou o que é o mesmo, Aldeas de Bogo.
Mulleres: protagonistas na resistencia ao franquismo
Conversa con Ana Cabana, investigadora de Histagra da USC, coa que abordamos o papel das mulleres na resistencia ao franquismo e na defensa dos comúns. A Sesión desenvolveuse no Teatro Principal de Santiago de Compostela baixo o título “Mulleres: protagonistas na resistencia ao franquismo”. Abordamos as distintas formas e metodoloxías de diverxencia rastrexadas na Galicia rural das primeiras décadas do réxime franquista e que configuran un marco de identidade colectiva recoñecible, coherente e protector dun xeito de vida propio. Esta resistencia silente, con voces e xestos que deixaron rastro, proba a conflitividade existente en Galicia durante estes anos e desvirtúa o estereotipo dunha contorna sometida e próxima ao réxime.
Documentación Módulo Urbanismo & Comúns
Todo o que nos contou a liña que une Friol cos montes de Carballo
Maneiras de habitar Allariz nunha fin de semana para pensar…
Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol
Das resistencias ou de como ler o franquismo dende o cotía
As mulleres e a resistencia ao franquismo a debate o 28 de xaneiro
CONTACTO
info[at]estudosenmancomun.gal 881 814 439
SUBSCRÍBETE
LUGAR
REDES
O Programa está financiado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Daniel y Nina Carasso. É impulsado pola Rede Revolta de Agroecoloxía e coordinado por Montenoso. Este site web atópase rexistrado baixo unha licenza creative commons.
Entrevista a Iago de Ergosfera na que falamos do seu módulo para o PEMAN, o pasado 26 de novembro, baixo o título “O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas-rúas galegas”. Tivemos un roteiro dende Friol ata a parroquia de Carballo, da man da súa Comunidade de Montes, e fixe
A segunda sesión do Programa de Estudos en Mancomún levounos ata Allariz. Alí nos atopamos con Celtia Traviesas e María José Fernández, que forman xuntas as Aldeas de Bogo. E con elas da man fomos pensando como é hoxe vivir no rural. Existen novos -fronte aos vellos- xeitos de vivir no rural? Poden
Mulleres: protagonistas na resistencia ao franquismo
Conversa con Ana Cabana, investigadora de Histagra da USC, coa que abordamos o papel das mulleres na resistencia ao franquismo e na defensa dos comúns. A Sesión desenvolveuse no Teatro Principal de Santiago de Compostela baixo o título “Mulleres: protagonistas na resistencia ao franquismo”. Abordamo