Documentación Módulo Urbanismo & Comúns
SÁBADO 26/11
INFORMACIÓN XERAL
Que? “O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas-rúas galegas”
Onde? Friol + Carballo (comunidade de montes)
Quen? Ergosfera
Acompañan o módulo: Roi e Sofía
Bitácora: Olga
Documentación gráfica: Lara
Radio Peman: Uxía e Lara
AXENDA DA XORNADA
11:00_Encontro diante da Casa do Concello de Friol
11:15_Presentación do PEMAN, saúdo por parte da Comunidade de Montes e presentación da dinámica (Ergosfera)
11:45 -14:45_Roteiro de 6,2km desde a rotonda da Avda de Santiago en Friol á Pereira (local social da CM).
15:00-16:00_ Xantar no local da Comunidade de Montes.
16:00-17:00_Debate e conclusións sobre o roteiro.
17:00-17:45_Presentación da aposta da comunidade de Montes de o Carballo (Friol) pola multifuncionalidade e sustentabilidade
BITÁCORA
11:30 / COMEZAMOS O ROTEIRO
A xornada comezou diante da Casa do Conceelo de Friol, presentando o PEMAN e dando a benvida á CM de Friol e ás persoas asistentes da Universidade. Ergosfera presentou a proposta de actividade e comentou algunhas notas sobre a súa traxectoria. Traballos como “Eu si quero feísmo na miña paisaxe” inciden, igual ca presente xornada, na máxima de “educar a vista para valorar as formas arquitectónicas”.
Comezamos o roteiro desde o centro de Friol até o local da CM, facendo paradas para comentar temas de arquitectura e territorio na rotonda da vila, na saída, no campo da festa, nun souto, e no merendeiro. Motivadas polas formas que iamos vendo, as formadoras de Ergosfera e o resto de persoas do roteiro conversamos sobre temas como:
• A categorización de “rural”. Para que serve? Que hai de rural e que de urbano nestes espazos? A cultura material global ou os palés do Club Fluvial.
• A tipoloxía de vivenda en núcleos rururbanos galegos: a mestura do produtivo e o reprodutivo, a mutabilidade das vivendas, a autoconstrución, a construción “aos poucos” e a lóxica anti-débeda,
• Os materiais: a lóxica do uso de materiais accesibles e modernos (formigón, plástico), impacto ambiental destes materiais.
• Plans urbanísticos e outras normativas: o plan urbanístico de Friol do 1987 vs o do 2003, e falta de participación social nestes plans, a imposición de lóxicas territoriais de Madrid sobre o noso territorio, a procura da homoxenización, o plano das cores das casas galegas.
• O “estético” é político: o termo de feísmo e La Voz de Galicia. Quen define o que é de “mal gusto” en arquitectura? A mirada urbanita que busca a paisaxe de postal cando vai ao rural. Que é a paisaxe? Nunca é o que estás pisando, sempre implica lonxanía.
• O “feísmo” e a necesidade de complexizar este concepto.
• Entre o público e o privado: usos e propiedade no territorio galego, o minifundio e os marcos.
• A patrimonialización dos bens comúns e a desposesión da súa xestión comuneira.
• Xente nova no rural: capacidade de integración, perfís neorrurais, traballo no rural.
Na viaxe a través destes debates e conceptos, imos artellando unha mirada máis complexa sobre as formas do noso territorio, na que a dicotomía “bonito-feo” desaparece e emerxe toda unha lóxica funcional e autosuficiente.
15:00/ XANTAR NO LOCAL DA CM
16:30 / CONCLUSIÓNS DO ROTEIRO E DEBATE
Ergosfera comeza as súas conclusións do roteiro comentando o termo de “estradas-rúas” acuñado polo xeógrafo portugués Álvaro Domíngues. Lanza ao grupo a pregunta de como se pode cruzar o eixo do feminismo co que vimos pola mañá. Algúns temas do debate:
• Os dereitos básicos do camiñante no rural e na cidade
• Mobilidade no rural: transporte público e coche privado, análise interesada do que é rentable por parte das institucións
• Nivel e calidade de vida no rural e na cidade
• A polaridade “urbano-rural” e a necesidade de redefinir estes conceptos para acoller toda a súa diversidade
Para Ergosfera, unha das conclusións é o potencial do comunal no rural e como xerar desde aquí mitos que inspiren a xestión doutros territorios: coller armas de formas como o monte en man común e escupilas a outras realidades pode supoñer unha innovación radical.
18:00/ A COMUNIDADE DE MONTES DE CARBALLO
José Manuel e Víctor fálannos dos 10 anos de traxectoria da entidade, incidindo en temas como:
• As dificultades da burocracia e o cansancio. “Somos pouco e importámoslle pouco ás administracións”.
• A historia da CM e as actividades que desenvolven: cabalos de raza galega, rapa das bestas (última fin de semana de xullo), cogomelos, porcos celtas, resina de piñeiro, festa do comuneiro, magosto.
• A complexidade de involucrar ao conxunto dos veciños e veciñas e a valoración esóxena do seu traballo.
19:00 / PECHAMOS A XORNADA
TAGS estradas-rúas, feísmo, autoconstrución, territorio, paisaxe, público-privado, planificación urbanística, rururbano, comuneiro
E OS NOSOS TRES EIXOS? (pendente reflexión colectiva de como enriqueceu a conversa de Ergosfera os eixos epistemolóxicos do PEMAN).
NOVAS SOBRE A XORNADA
[RELATO WEB PEMAN] Todo o que nos contou a liña que une Friol cos montes de Carballo
http://estudosenmancomun.gal/todo-o-que-nos-contou-a-lina-que-une-friol-cos-montes-de-carballo/
[USC] Comisarios de arte e investigadores abordan o urbanismo en Friol no programa da USC Ruralidades, Feminismos e Comúns
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_11/noticia_0164.html
[HISTAGRA] O inacabado como potencia guiou a conversa en Friol da man do Programa de Estudos
http://histagra.usc.es/gl/nova/4990c7bb7459/
[SUSTAINABLEPLACESHAPING] A trip across Galician territory: building the rural and the commons
A trip across Galician territory: building the rural and the commons