• Galego
Tes algunha cuestión?
+34 881 814 439
[email protected]
  • Disfunción eréctil
Programa de Estudos en Mancomun Programa de Estudos en Mancomun
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
  • Disfunción eréctil
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
Register Login

comunidade

Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol

O Programa de Estudos en Man Común Feminismos, Ruralidades e Comúns remata tras case dous anos de traballo e gustaríanos facelo nun encontro no que mesturar a presentación dun libro coa visita a unha comunidade de montes. Por iso facemos este convite, para animarvos a acompañarnos na sesión Ler o Monte.

O encontro terá lugar o sábado 13 de xaneiro no Monte veciñal en Man común de O Carballo, Friol (Lugo). Comezará cun roteiro guiado, a partir das 11h, para coñecer o uso multifuncional que se fai do monte e o aproveitamento que tira a comunidade del.

Da man dxs comuneirxs coñeceremos a aposta pola valorización do monte a través do aproveitamento que fan do mel, da explotación de porco celta ou da exitosa festa da Rapa das Bestas.

Despois do xantar, no mesmo local da comunidade de montes, a hora do café será testemuña da presentación do libro “A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns”, por parte de editorxs e autorxs da publicación e colaboradorxs do PEMAN

A través das marxes, escrita polxs participantes e colaboradorxs do PEMAN, preséntase como un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos tras máis de ano e medio de traballo no PEMAN. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento  entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en mancomún a unha comunidade de aprendizaxe.

O libro foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico e a través da súa web xa se pode acceder a pre-compra do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

A xornada está aberta a participación, mais cómpre inscribirse a a través do email [email protected]. Para as persoas participantes ofrecerase a posibilidade de compartir coche para reducir os custes ambientais e económicos do desprazamento, organizado a través dun pad, un editor colaborativo.

 

  • Tweet

Posts anteriores

Sobre a gobernanza dos bens comúns coa Fundación Entretantos
23 May, 2017

Seguinte

Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro
12 March, 2018

Poden interesarche

  • O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos
    7 August, 2018
  • Sobre a gobernanza dos bens comúns coa Fundación Entretantos
    23 May, 2017
  • Contraestereotipos rurais. Un relato da sesión con Silvia García.
    22 May, 2017

Deixa un comentario Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Busca

Posts

  • O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos
  • Presentación do libro A través das marxes na libraría Berbiriana
  • Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro
  • Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol
  • Sobre a gobernanza dos bens comúns coa Fundación Entretantos

Categorías

  • Blog
  • caderno
  • cidadanía
  • comunidade
  • comunidades
  • comúns
  • comúns
  • diáspora
  • diáspora
  • feminismos
  • man común
  • Meigas
  • módulos
  • o novo
  • participantes
  • relato
  • Resistencia
  • Saberes-poderes
  • Sen categoría
  • urbanismo

CONTACTO

info[at]estudosenmancomun.gal
881 814 439

SUBSCRÍBETE

LUGAR

Histagra. Facultade de Xeografía e Historia.
Praza da universidade S/N
Santiago de Compostela- 15782

REDES

O Programa está financiado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Daniel y Nina Carasso. É impulsado pola Rede Revolta de Agroecoloxía e coordinado por Montenoso. Este site web atópase rexistrado baixo unha licenza creative commons.