Estudos en Mancomún

O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos

O libro A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos é un dos libros máis vendidos dacordo ao ranking de vendas elaborado polo xornal El Faro de Vigo e asi o indicaban este sábado 4 de agosto, tal e como figura na imaxe.

A obra A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.


A obra pode conseguirse nas seguintes librarías:Onlinehttp://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

Santiago de Compostela
Libraría do CGAC
NUMAX
Chan da Pólvora
DIDAC
Couceiro

Pontevedra
Libraría Paz

A Coruña:
Libraría Berbiriana
Xiada

Cangas do Morrazo
Libraría Wells

Bueu
Libraría Miranda

Donosti
Tobacco Days

Madrid
La Neomudejar
La Central do Museo Reina Sofía

Actualmente estamos facendo presentacións en diferentes espazos, se tes interese en que presentemos esta obra envíanos un email a info@estudosenmancomun,gal