A Diáspora
Unha diáspora fai referencia, na súa etimoloxía, á sembra dunha semente que logo se dispersa e disemina.
A diáspora do PEMAN é un espazo común no que agroman diversas sementes dende diferentes latitudes situadas no globo. Unha sementeira expandida na que brotamos porque mantemos unha forte conexión co noso lugar de orixe. Lembrando un haiku de Sei Shonagon, estamos aquí para compartir cousas que están lonxe pero están perto. Nós mesmas somos esas cousas lonxanas e, á vez, cercanas.
Unha diáspora é tamén a visión dun movemento cuxas raíces se dispersan no seu percorrido. Van tomando a seiva de momentos concretos, compartindo ilusións e futuros, e crecendo no camiño. Esas raíces quizáis non son tan fortes como as que ocupan as orixes pero se fortalecen na creación de lugares comúns e comparten, dende unha rede de pequenos rizomas, un tecido basado nos afectos e compromisos.
Que o mar deixoute olvidada e lonxe de ti correron as brandas augas que traen de prantas cen semilleiros Rosalía de Castro. Cantares Galegos.
Que o mar deixoute olvidada
e lonxe de ti correron
as brandas augas que traen
de prantas cen semilleiros
Rosalía de Castro. Cantares Galegos.
Adela Vázquez, Carmen Platero, Sabah Walid e demáis comuneirx nómadas do PEMAN danvos a benvidas. Estades na casa.
Adela Vázquez, Carmen Platero, Sabah Walid e demáis comuneirx nómadas do PEMAN danvos a benvidas. Estades na casa.
Contraestereotipos rurais. Un relato da sesión con Silvia García.
Violencia e Saúde das Mulleres no Yucatán
Dende a diáspora
Seguindo saberes-poderes nas fontes de Compostela
CONTACTO
info[at]estudosenmancomun.gal
881 814 439
SUBSCRÍBETE
LUGAR
REDES
O Programa está financiado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Daniel y Nina Carasso. É impulsado pola Rede Revolta de Agroecoloxía e coordinado por Montenoso. Este site web atópase rexistrado baixo unha licenza creative commons.