Estudos en Mancomún

Contraestereotipos rurais. Un relato da sesión con Silvia García.

axou a Madrid para condensar dous dos seus módulos (Re)productivos, que se esenvolveron no

MediaLab Prado, entidade socia do PEMAN. É un laboratorio de produción cidadán, investigación e difusión de proxectos culturais que explotan formas de experimentación e aprendizaxe colaborativa que para elx xurdiron a partir de redes dixitais.Pouco tempo tivemos para coñecer tan inmenso proxecto, mais si que tivemos a oportunidade de vivir de primeira man como é unha xornada completa neste espazo de comúns urbanos dende o seu Auditorio. Pola mañá tivemos un obradoiro,

an un papel fundamental que sigue presente na actualidade nesa minusvalorización do rural. Unha visión de ambos mundos, que se ben non está clara se a nivel real é tal, permanece vixente no imaxinario colectivo, perpetuado a través das construccións feitas dende os medios de comunicacións ou as lecturas que se fan do territorio a nivel político.

Díptico Cruz Piñón‘,un díptico visual con pantalla partida no que se mostran facetas de la vida de Cruz Piñón, a o día a dia dunha muller rural con moita vontade de aprender das tecnoloxias e das artes. Durante o debate foron xurdindo novas referencias como o proxecto “Teño unha horta en San Sadurniño” que recolle os saberes das veciñas de San Sadurniño, entre elas Cruz Piñón, a través dunha canle de youtube. Este proxecto foi premiado dun proxecto de inclusión dixital comezado no ano 2015. Tamén falou de proxectos curatoriais como “Campo Adentro” coordinado pro García Dory [inland.org] , sobre territorios, xeopolítica, cultura e identidade no campo das relacións campo – cidade. Falamos do proxecto documetalResistenciafeito por Lucía Lorén e Juanma Martín que narra a experiencia da cooperativa Los Apisquillosen Puebla de la Sierra, Madrid. Todos eles amosaban novas experiencias, capaces de re-pensar críticamente o imaxinario colectivo do rural e, ao mesmo tempo, xerar novos espazos chamados de confluencia ou intermedios. Como transición á segunda parte da sesión, apareceu unha nova referencia, a obra de Lara Almarcegui, artista que traballa con puntos intermedios a cabalo entre a cidade e o rural: zonas de contacto, híbridas, a explorar para construir novas posibilidades.Na segunda parte realizouse un exercicio práctico onde, por grupos, reflexionouse sobre dúas cuestión que logo serían postas en común: as lembranzas persoais conectadas cos estereotipos do rural e por outra parte puntos de conexión entre o mundo urbano e rural (se é posible pensar ou separar estes dous termos). A posta en común posterior centrouse en recoller e pensar as diferentes propostas condensadas nas seguintes liñas de intervención:

O pasado abril o PEMAN vi

Pouco tempo tivemos para coñecer tan inmenso proxecto, mais si que tivemos a oportunidade de vivir de primeira man como é unha xornada completa neste espazo de comúns urbanos dende o seu Auditorio. Pola mañá tivemos un obradoiro,

Vivir fóra? Traballo, estereotipos e redes, conducido e mediado por Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Con ela abordamos a través de diversas dinámicas como se foron construíndo

imaxinarios populares ao redor da vida nas aldeas, partindo de recursos escolares e contidos audiovisuais e cinematográficos. Logo pola tarde, con Nuria e Santiago da Fundación Entretantos,

tivemos o obradoiro Como é a gobernación nos comúns ‘tradicionais, centrado no desenvolvemento de ferramentadas para a avaliación da gobernanza dos comuns tradicionais e naturais.

A Través do relato de Silvia transitamos por temas como a educación, os estereotipos, a imaxe, o traballo, a cidade-rural, a rede e a feminización para analizar os diversos estereotipos que conforman o noso imaxinario, habitado pola dicotomía cidade-rural e analizar como a eduación e o cinema perpetúan tales estereotipos

.Esta primeira parte comezou analizando os imaxinarios presentes nas publicacións (textos pedagóxicos, revistas humorísticas, libros…) como

La codornizeditados durante o franquismo, que podían consultarse nunha das mesas da sala. Así, a través dun relato que conectaba experiencias persoais cuestionábase se eses mismos estereotipos e construccións imaxinarias seguían estando vixentes na actualidade.

Silvia afondou sobre a diferencia de consideración do traballo físico e o intelectual, sobre ese “ser de la aldea” como nenx/adolescente ó chegar á vila para ir a escola; sobre a relación de desconfianza mutua entre persoas do rural/cidade, sobre esa “España vacía”, citando a obra Sergio del Molino que nos queda e á que nos estamos entregando. Unha visión do despoboamiento do rural que non só e contemporánea senón que xa está presente na novela de Miguel Delibes e no filme

El disputado voto del Sr. Cayo

deAntonio Giménez-Rico.

A continuación, abriuse un debate onde se cuestionou se a visión do rural baseada en estereotipos negativos é unha característica propia do estado español ou se acontece noutros estados coma Francia ou Alemaña onde a industrialización non está asociada exclusivamente a entornos urbanos, senón á totalidade do territorio. Cuestión que entronca directamente coa diferenciación fundamental entre o traballo físico e o intelectual, ligado no imaxinario colectivo ao espazo rural e urbano respectivamente. A propia localización das institucións do ensino, que obligan a saír da aldea para acceder á escola, xog

Silvia recomendounos varios traballos artísticos que afondan nestas cuestións dun xeito crítico. Por unha banda o traballo da cineasta viguesa Xisela Franco ‘

Na segunda parte realizouse un exercicio práctico onde, por grupos, reflexionouse sobre dúas cuestión que logo serían postas en común: as lembranzas persoais conectadas cos estereotipos do rural e por outra parte puntos de conexión entre o mundo urbano e rural (se é posible pensar ou separar estes dous termos). A posta en común posterior centrouse en recoller e pensar as diferentes propostas condensadas nas seguintes liñas de intervención:

O fortalecemento dos espazos de encontro tanto físicos como virtuais, sendo as TICS un dereito e unha oportunidadede desenvolvemento; a visibilización de casos de éxito no rural e de propostas críticas de pensamento e actuación; a potenciación da escoita e diálogos lentos que poidan cuestionar as visións preexistentes do rural (tanto propias como alleas); a xeración de conexións e redes interxeneracionais e p2p, que permitan compartir os saberes e coñecementos presentes no territorio. Todos estes temas foron postos sobre a mesa en maior ou menor medida polos distintos grupos da actividade, atopando vectores claros de oportunidade para cuestionar e repensar os espazos de oportunidade do rural contemporáneo.

A sesión, por tanto, estivo enfocada a dúas liñas principais de reflexión conectadas en todo momento a través das referencias e relatos feitos tanto na presentación e nos debates. Unha primeira que, a través dunha revisión en primeira persoa, repensaba a construcción do imaxinario do rural e outra que escapaba do relato maioritario para enfocarse noutras narrativas que amosaban novas experiencias, puntos de contacto e espazos de oportunidade para repensar o rural e todos os conceptos asociados a el.

Un relato de Antonio Giraldez, comuneiro do PEMAN

Poden interesarche

  • Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol5 January, 2018
  • “Das que viven no monte”: Éticas feministas desde Vincios10 April, 2017