• Galego
Tes algunha cuestión?
+34 881 814 439
[email protected]
  • Disfunción eréctil
Programa de Estudos en Mancomun Programa de Estudos en Mancomun
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
  • Disfunción eréctil
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
Register Login

feminismos

As mulleres e a resistencia ao franquismo a debate o 28 de xaneiro

O 28 de xaneiro terá lugar, nunha localización sorpresa, en Santiago de Compostela, un encontro con Ana Cabana, coa que abordaremos “Mulleres:protagonistas na resistencia ao franquismo”. Con Ana Cabana investigaremos ás distintas formas e metodoloxías de diverxencia rastrexadas na Galicia rural das primeiras décadas do réxime franquista e que configuran un marco de identidade colectiva recoñecible, coherente e protector dun xeito de vida propio. Esta resistencia silente, con voces e xestos que deixaron rastro, proba a conflitividade existente en Galicia durante estes anos e desvirtúa o estereotipo dunha contorna sometida e próxima ao réxime.

O Encontro está aberto á participación, con prazas limitadas, polo que cómpre inscribirse no enderezo [email protected] (a selección farase por rigurosa orde de inscripción), neste email é preciso sinalar un número de telefono co que enviaremos un whastapp 30 min. antes, coas indicacións do espazo.

Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores.

A sesión está mediada por Ana Cabana (Castro de Rei, Lugo, 1976) Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) con Premio Extraordinario, coa tese Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto. Actualmente é profesora contratada doutora no Campus de Lugo da USC.

Completou a súa formación con estadías en diversos centros de investigación como o Centro de Etnoloxía Portuguesa (Universidade Nova de Lisboa), a London School of Economics e a Universidade Autónoma de Madrid.

As súas liñas de investigación son: historia contemporánea, historia agraria, historia rural, historia de Galicia.

Entre as súas publicacións máis recentes destacan: (2009): Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, Santa Comba, 3C3; (2011) “De imposible consenso. Actitudes de consentimiento hacia el franquismo en el mundo rural (1940-1960)”, Historia Social, 71, pp. 89-106; (2011): “Memoria colectiva y “Revolución Verde”. Más allá del cambio productivo y ecológico”, en Lanero Táboas, D. y Freire, D. (coord.), Agriculturas e innovación tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), pp. 191-212; (2012): “Um sujeito incómodo para um tempo difícil. Atitudes camponesas e franquismo”, Ler História, 63, pp.145-162; (2013): “Mientras dormían”. Transición y aprendizaje político en el mundo rural”, en Rodríguez Barreira, O. (ed.), El franquismo desde los márgenes. Campesinos, mujeres, delatores, menores, Universidad de Almería & Universitat de Lleida, pp. 57-76; (2013): La derrota de lo épico, Valencia, PUV; (2013): “James C. Scott y el estudio de los dominados: su aplicación a la historia contemporánea”, Historia Social, 77, pp. 73-93 (coautoría con Miguel Cabo Villaverde).

A próxima sesión do Programa de Estudos terá lugar o 25 de febreiro con Beatriz Comendador e os Louceiros de Bamio, pronto máis novedades.

  • Tweet

Posts anteriores

Maneiras de habitar Allariz nunha fin de semana para pensar...
27 December, 2016

Seguinte

Seguindo saberes-poderes nas fontes de Compostela
18 January, 2017

Poden interesarche

  • Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol
    5 January, 2018
  • Sobre a gobernanza dos bens comúns coa Fundación Entretantos
    23 May, 2017
  • Contraestereotipos rurais. Un relato da sesión con Silvia García.
    22 May, 2017

Deixa un comentario Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Busca

Posts

  • Lara Dopazo Ruibal comuneira do PEMAN, nova bolseira da Academia de Roma
  • O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos
  • Presentación do libro A través das marxes na libraría Berbiriana
  • Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro
  • Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol

Categorías

  • Blog
  • caderno
  • cidadanía
  • comunidade
  • comunidades
  • comúns
  • comúns
  • diáspora
  • diáspora
  • feminismos
  • man común
  • Meigas
  • módulos
  • o novo
  • participantes
  • relato
  • Resistencia
  • Saberes-poderes
  • Sen categoría
  • urbanismo

CONTACTO

info[at]estudosenmancomun.gal
881 814 439

SUBSCRÍBETE

LUGAR

Histagra. Facultade de Xeografía e Historia.
Praza da universidade S/N
Santiago de Compostela- 15782

REDES

O Programa está financiado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Daniel y Nina Carasso. É impulsado pola Rede Revolta de Agroecoloxía e coordinado por Montenoso. Este site web atópase rexistrado baixo unha licenza creative commons.