• Galego
Tes algunha cuestión?
+34 881 814 439
[email protected]
  • Disfunción eréctil
Programa de Estudos en Mancomun Programa de Estudos en Mancomun
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
  • Disfunción eréctil
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
Register Login

cidadanía

Todo o que nos contou a liña que une Friol cos montes de Carballo

A liña que une Friol con Carballo énchese de cor e complexidade cando a transitas con Ergosfera e a Comunidade de Montes de O Carballo . No primeiro módulo aberto do PEMAN, o pasado 26 de novembro, saboreamos esta inspiradora combinación de toda a sabedoría e xenerosidade do lugar (desde Antía, de 7 anos, até Ángeles, das maiores da aldea) aliada co ollar crítico dos arquitectos Iago e Cris. Xuntas, agasalláronnos con 6km de paseo, moitas conversas, e unhas outras lentes coas que ver os espazos que nos rodean.

Miradas alleas, territorios propios

“O que buscamos cos nosos traballos é educar a mirada para valorar as formas”, sinalaba Ergosfera ao comezo do roteiro. A rotonda da vila, a estrada, o campo da festa, un souto, o merendeiro: cada unha das paradas nas que nos fomos detendo estaba ateigada de elementos construtivos e territoriais que nos falan das lóxicas e as persoas que o habitan. E, ao mirala con vagar, esa casa que sairía na sección de “feísmo” de La Voz de Galicia pasa a ser unha vivenda con sentido, onde o produtivo e o reprodutivo comparten espazo, con materiais que permiten a autoconstrución e evitan a débeda. E ese oco entre dous edificios, unha xanela aberta directamente ao territorio, un espazo onde emerxe o verde entre a urbanización difusa e mutante. E ese souto polo que podes pasear, unha fenda entre o público e o privado, desde o que asexar unha paisaxe en constante transformación. Viva.

Os temas de debate que se foron abordando ao longo do percorrido comparten unha reflexión de fondo: os criterios cos que normalmente xulgamos a nosa contorna responden a patróns importados de gabinetes desde os que pouco se sabe da historia, as necesidades ou as dinámicas de territorios coma Friol e tantas outras vilas e aldeas galegas. E son eses mesmos criterios os que determinan o que é “feo” ou “bonito”, ou lexislan sobre o que é de mal gusto en arquitectura, nun intento de que a realidade se pareza máis ás postais, e menos á realidade.

ergosferafriol

“Somos poucos e importámoslles pouco”: afondando no eixo das ruralidades

Aproveitando a presenza das comuneiras de Carballo, a xornada permitiunos tamén coñecer un pouco máis unha da(s) realidade(s) rurai(s). Ademais de compartir con nós a súa aposta pola multifuncionalidade e a sustentabilidade, a través de actividades como a recolección de resina dos piñeiros ou o coidado de cabalos de raza galega, conversamos sobre moitos outros temas como a calidade de vida na aldea, a propiedade e os usos dos terreos, as lóxicas veciñais, as dificultades para implicar ao conxunto da comunidade, ou o esquecemento consciente da administración dos núcleos non urbanos.

“Coller armas de elementos coma o monte comunal e cuspilas a outros territorios supón unha innovación radical”, concluía Ergosfera ao remate da conversa coa Comunidade de Carballo. Foi ese ollar apreciativo o que definiu toda a xornada; sen idealizacións, pero cun interese e respecto sincero por todo o que teñen que nos amosar territorios coma este.

Epílogo

Mercedes leva máis de 30 anos en Gasteiz. Desde que se xubilou, ela e seu home botan parte do ano alí, e parte na casa que foron facendo aquí, en Friol. Ela, como as demais comuneiras que nos acompañan no roteiro, asente orgullosa cando Iago fala de como a xente do lugar constrúe en base ás súas necesidades, tempos e economías. E como toda esa diversidade construtiva, considerada “fea” polo poder, nos permite establecer conversas moito máis fondas co territorio. Míranos a un grupiño que estamos ao seu carón: “é que este sitio é guapo, non é?”.

olgaxogando

Documentación do Módulo Urbanismo & Común, aqui: http://estudosenmancomun.gal/documentacion-modulo-urbanismo-comuns/

  • Tweet

Posts anteriores

Documentación Módulo Urbanismo & Comúns
28 November, 2016

Seguinte

O 10 de decembro Obradoiro Pensar a(s) comunidade(s) en Allariz
30 November, 2016

Poden interesarche

  • O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos
    7 August, 2018
  • Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol
    5 January, 2018
  • Sobre a gobernanza dos bens comúns coa Fundación Entretantos
    23 May, 2017

Deixa un comentario Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Busca

Posts

  • Lara Dopazo Ruibal comuneira do PEMAN, nova bolseira da Academia de Roma
  • O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos
  • Presentación do libro A través das marxes na libraría Berbiriana
  • Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro
  • Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol

Categorías

  • Blog
  • caderno
  • cidadanía
  • comunidade
  • comunidades
  • comúns
  • comúns
  • diáspora
  • diáspora
  • feminismos
  • man común
  • Meigas
  • módulos
  • o novo
  • participantes
  • relato
  • Resistencia
  • Saberes-poderes
  • Sen categoría
  • urbanismo

CONTACTO

info[at]estudosenmancomun.gal
881 814 439

SUBSCRÍBETE

LUGAR

Histagra. Facultade de Xeografía e Historia.
Praza da universidade S/N
Santiago de Compostela- 15782

REDES

O Programa está financiado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Daniel y Nina Carasso. É impulsado pola Rede Revolta de Agroecoloxía e coordinado por Montenoso. Este site web atópase rexistrado baixo unha licenza creative commons.