• Español
    • Galego
Tienes alguna cuestión?
+34 881 814 439
[email protected]
Programa de Estudos en Mancomun Programa de Estudos en Mancomun
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
  • Disfunción eréctil
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
Register Login

lo nuevo

Aberto o prazo para participar no Programa de Estudos

O Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns, é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. O PEMAN sitúase como un híbrido entre un grupo de investigación universitario ou un posgrao de estudos, partindo de Programas de Estudos Independentes impulsados por museos como o MACBA ou o Reina Sofía.

O obxectivo deste proxecto é habilitar un novo espazo de intercambio e produción de coñecementos, unha rede peer-to-peer promovida por distintos grupos de investigación, colectivos e institucións que se xuntan para colaborar na construción de novas narrativas que aborden os tres eixos epistémicos: comúns, ruralidades e feminismos.

A convocatoria de participantes está dirixida a persoas vencelladas con comunidades investigadoras, creativas, de montes veciñais que teñan interese na intersección de saberes derivados de campos como as universidades, museos, colectivos ou de espazos autoxestionados.

As/os participantes han de comprometerse a participar ao longo do ano nunha serie de sesións (unha vez ao mes) que se desenvolverán en diferentes localizacións, maioritariamente en Galicia. Os encontros desenvolveranse a modo de mesas redondas, derivas, seminarios, mapexos, etc. Ademais, as persoas que desexen participar deben comprometerse a traballar en común no propio Programa, definíndoo, xa que este configúrase como un propotipo dun espazo de investigación en común. Ademais de poder pensar os mecanismos de gobernanza do propio Programa, serán as/os propios participantes quen decidan que sesións se desenvolverán. Dispoñerán de recursos económicos para o desenvolvemento dunha acción, happening ou performance ao finalizar o curso.

O obxecto desta convocatoria é atopar persoas que poidan formar parte da comunidade activa de investigación-acción e involucrarse co Programa de Estudos, participando nas sesións que se desenvolvan, unhas en aberto e outras pechadas. Este dispositivo de pensamento e acción replica/traduce os mecanismos de xestión e gobernanza dos montes veciñais en man común, e pretende que os/as participantes sexan quen de autoxestionar o propio programa, garantindo unha boa gobernanza do mesmo, ao igual que as/os comuneira/os o fan cun monte veciñal.

Procúrase a participación de investigadoras/es, artistas, makers, comuneiras/os ou interesadas/os en xeral, que compartan estes dous obxectivos:
Repensar e tecer novas relatos en torno aos obxectos de estudo.
Prototipar un espazo de pensamento en mancomún.

COMO PARTICIPAR?
As/os candidatos interesadas/os en participar neste espazo de investigación deberán escribir a [email protected] indicando no asunto: Participación Programa Estudos e aportando a seguinte documentación:

– Biografía e breve currículum vitae.
– Carta de motivación, cunha extensión máxima de dúas páxinas.

Recibiranse solicitudes ata o (13 de maio)  20 de maio de 2016. As solicitudes serán valoradas por un xurado composto por membros da rede ReVOLTA e do colectivo Montenoso. Serán seleccionadas un máximo de 20 persoas. A decisión farase pública a través da web www.estudosenmancomun.gal o (20 de maio) 27 de maio.

Para obter máis información, [email protected]

TES MÁIS DÚBIDAS?

E aquí neste PAD (editor colectivo de textos) https://estudosenmancomun.titanpad.com/2  podedes ir preguntando, anotando entre todxs, aquelas dúbidas que haxa/teñades sobre o que é a Convocatoria de Participantes

O XURADO QUE SELECCIONARÁ AOS PARTICIPANTES SON
Membros da rede ReVOLTA:
http://revolta.usc.es/
Lourenzo Fernández Prieto, Emilio Carral Vilariño, Xoan Carmona Badía, María Jose Enriquez, Carmen Espido, Xoan Carlos Carreira, Eduardo Corbelle, María do Mar Pérez Fra, Xavier Simón, Teresa Rodriguez
Membros de MONTENOSO
http://montenoso.net/
Andrea Olmedo, Iñaki López, Alex F. Palicio, Vanesa Castro, Miriam Salgueiro.

 

  • Tweet

Posts anteriores

O PEMAN Feminismos, Ruralidades e Comúns presentase na Libraría Lila de Lilith
11 May, 2016

Seguinte

O PEMAN consigue financiamento da Fundación Daniel & Nina Carasso
11 May, 2016

Poden interesarche

  • La memoria de los alfareros de Bamio y la impresión en 3D se dan la mano en el Alg-a Lab
    7 February, 2017
  • El PEMAN participa en el Encuentros Sin Créditos 2016
    22 November, 2016
  • El 26 de novembro,Taller-Caminata Lo que puede una línea
    26 October, 2016

Deja un comentario Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Busca

Posts

  • Violencia y Salud de las Mujeres en Yucatán
  • Dende a diáspora
  • La memoria de los alfareros de Bamio y la impresión en 3D se dan la mano en el Alg-a Lab
  • Maneiras de habitar Allariz nunha fin de semana para pensar a(s) comunidades
  • El PEMAN participa en el Encuentros Sin Créditos 2016

Categorías

  • cidadanía
  • comúins
  • comúns
  • convocatoria
  • diáspora
  • diáspora
  • feminismos
  • lo nuevo
  • Presentación
  • Sin categorizar
  • Disfunción eréctil

CONTACTO

info[at]estudosenmancomun.gal
881 814 439

SUBSCRÍBETE

LUGAR

Histagra. Facultade de Xeografía e Historia.
Praza da universidade S/N
Santiago de Compostela- 15782

REDES

El Programa está financiado por la Universidad de Santiago de Compostela y la Fundación Daniel y Nina Carasso. Está impulsado por la 'Rede Revolta de Agroecoloxía' y coordinado por Montenoso. Este site se encuentra registrado bajo una licencia creative commons.