Unha diáspora fai referencia, na súa etimoloxía, á sembra dunha semente que logo se dispersa e disemina.
A diáspora do PEMAN é un espazo común no que agroman diversas sementes dende diferentes latitudes situadas no globo. Unha sementeira expandida na que brotamos porque mantemos unha forte conexión co noso lugar de orixe. Lembrando un haiku de Sei Shonagon, estamos aquí para compartir cousas que están lonxe pero están perto. Nós mesmas somos esas cousas lonxanas e, á vez, cercanas.
Unha diáspora é tamén a visión dun movemento cuxas raíces se dispersan no seu percorrido. Van tomando a seiva de momentos concretos, compartindo ilusións e futuros, e crecendo no camiño. Esas raíces quizáis non son tan fortes como as que ocupan as orixes pero se fortalecen na creación de lugares comúns e comparten, dende unha rede de pequenos rizomas, un tecido basado nos afectos e compromisos.
Que o mar deixoute olvidada
e lonxe de ti correron
as brandas augas que traen
de prantas cen semilleirosRosalía de Castro. Cantares Galegos.
Adela Vázquez, Carmen Platero, Sabah Walid e demáis comuneirx nómadas do PEMAN danvos a benvidas. Estades na casa.