Dende a diáspora
Para nós, o estranxeiro non é máis que unha outra casa, un territorio no que somos, no que estamos.
Dende outras latitudes, nas que habitamos diversas persoas, estamos a participar neste programa de estudos cunha etiqueta no lombo, a das "embaixadoras", da que nos apropiamos coa alma, co sentimento e coa morriña, non co significado mesmo nin coas súas funcións preestablecidas que, segundo o diccionario, aluden a unha persoa que se fai cargo dunha embaixada nun país extranxeiro. Para nós, o estranxeiro non é máis que unha outra casa, un territorio no que somos, no que estamos. As embaixadoras somos todas dende calquera lugar, lonxe e perto, nos entornos físico e dixital. Estamos aquí para compartir convosco experiencias dende a diáspora, e para acoller as vosas.
Por qué?
Para (re)pensar a academia, "furala". (Re)pensar o rural dende o feminismo. (Re)habitar o rural. (Re)pensar o noso papel de migrantes e de comuneiras. Tender pontes e facer mancomún dende/coas comunidades ás que pertencemos. Para aportar experiencias compartidas coas persoas coas que convivimos, nos entornos nos que habitamos, e abrir unha relación entre a Galiza e eses contextos situados aos que emigramos e/ou nos que nos atopamos.
De qué maneira?
Esa é a cuestión. Diriamos que polas ganas de seguir aprendendo xuntas e facer mancomún entre todas, que é algo que realmente forma parte das nosas vidas e sentímolo como tal pero, ao mesmo tempo, non sabemos se máis ben forma parte dun discurso ou é real para coas persoas coas que unha convive, etc. Ti que pensas?
Ao repensar isto dámonos conta de que unha das razóns polas que estamos aquí, no PEMAN, é polas persoas que comparten este espazo, a súa forma de ve-la vida e a súa/nosa necesidade de crear en comunidade. Queremos compartir dende as periferias dese núcleo, de por sí periférico, pero sobre todo queremos crecer nos nosos compromisos cos contextos esquecidosque loitan por romper iso que chamamos resiliencia.
Que pode aportar a combinación dos tres obxectos de estudo?
Lemos os Feminismos, as Ruralidades e os Comúns dunha maneira transversal, que cree novas rutas e (re)prantexe a nosa relación coa terra (como gaia) e o resto das especies dende a nosa propia cartografía. Buscamos incorporar as dinámicas comunitarias, que de forma natural se dan no rural, aos discursos femeninos de empoderamento; do seu papel dentro da vida comunitaria. Un combo valente, que, como di Sabah, é posible incorporalo rompendo os muros-sexan académicos, profesionais, etc.- porque esa combinación xa é unha realidade; xa existe é non é preciso máis que visibilizala e non construila dende as nosas pallas mentais ou dende discursos aprehendidos. Máis ben, se existen eses "obxectos" nas experiencias vividas -a nosa hipótese é que si- se trata de non convertilos en obxectos de estudo senón en obxectos experienciais.
Que dúbidas e/ou retos prantexa o PEMAN?
Podemos pensar as prácticas dende e co rural, dende a inclusión e non dende unha perspectiva colonizadora do coñecemento/saberes que xa existen? Podemos traballar dende a realidade actual das mulleres na vida comunitaria rural ou hai que desconectar dos discursos patriarcais que parecen invisibilizalas? Existe unha comunidade femenina que xera prácticas mancomunadas no rural pero que non é visible nos discursos? Se isto é así, tería que mudar? Como?
Preguntámonos se podemos deixar de falar de feminismos, comunes e ruralidades e falar do concreto, que falen outras, que falen as comuneiras, que falen as súas-nosas prácticas, as súas-nosas experiencias; que falemos entre todas. Nós, como "embaixadoras", podemos pensarnos como parte desas mulleres da vida comunitaria, dende as nosas experiencias e sen ter que distinguir entornos -rurais, urbanos, etc.-, suxetos e obxectos e co-producir xuntas -como afectadas- dende esta etiqueta que nos puxemos ao lombo? Quesignifica? Cal son os nosos compromisos e como nos co-implicamos neste contexto, máis ou menos complexo, que estamos a construir no PEMAN?
Carmen Platero, Sabah Walid e Adela Vázquez, embaixadoras. Pode ser que sexan alieníxenas?
Invalid shortcode
Posts anteriores
La memoria de los alfareros de Bamio y la impresión en 3D se dan la mano en el Alg-a Lab
7 February, 2017
Poden interesarche
-
Violencia y Salud de las Mujeres en Yucatán
21 March, 2017