Entrar | Rexistro

DESCRICIÓN

O Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns, é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. O PEMAN aspira a converterse nun espazo novo de intercambio e produción de coñecementos, e vai a cabalo dun grupo de investigación universitario ou un posgrao de estudos, partindo á vez do Programas de Estudos Independentes impulsados por museos como o MACBA ou o Reina Sofía. O Programa de Estudos convertese nunha rede peer-to-peer promovida por distintos grupos artísticos, colectivos e entidades de investigación, que se xuntan para colaborar na construción de novas narrativas e lecturas que aborden os tres eixos epistémicos: comúns, ruralidades e feminismos.

METODOLOXÍA

O propio Programa de Estudos replica/traduce os mecanismos de xestión e gobernanza dos montes veciñais en man común, e pretende que os/as participantes no mesmo sexan quen de autoxestionar o propio Programa, garantindo unha boa goberanza do mesmo. ao igual que as/os comuneira/os o fan cun monte veciñal, O Programa aspira a impulsar unha comunidade de investigación e de acción, e nela desenvolveranse diferentes sesións ao longo do ano, que versarán sobre cuestións relacionadas coa emerxencia dos comúns, os feminismos ou novas (e e vellas) ruralidades. Serán as/os participantes do Programa de Estudos os que decidan que sesións queren desenvolver, aspirando a que estas combinen diferentes metodoloxías como poden ser sociogramas, mapas conceptuais, derivas... Con este Programa, queremos reivindicar a capacidade da cidadanía á hora de construír os seus propios espazos de pensamento.

DOSSIER

Aquí poderás descargar o dossier do Programa