Entrar | Rexistro

É unha malla ampla e dispersa que ten como nodos a universidades, comunidades de montes, artistas, colectivos, museos e demáis interesados/as para ir co-tecendo novos lugares de encontro no que seguir facendo comúns. 

COORDINAN

HISTAGRA

5289efce109f3-histagra_

 
 
Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX é  un Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

MONTENOSO

montes_favicon

 

Comunidade transdidciplinar de praxe contemporánea que traballa dende, por e para as comunidades de montes de galiza e outras manifestacións do mancomún galego. Poñen en marcha todo tipo de accións, actividades e dipositivos co fin de servir de alzapremo destas comunidades e promover a transferencia e intercambio de coñecemento con outros ámbitos do procomún.

REDE REVOLTA

rederevolta

 

Rede de colaboración dos grupos de investigación que en Galicia e desde  ámbitos disciplinares diversos (economía  ecolóxica, historia agraria,  historia económica e enxeñería  agroforestal) estudan os problemas e as  oportunidades de futuro do mundo  rural. A Rede está conformada polos seguntes grupos de investigación:

XROFEA

Grupo de Gestión de Residuos Orgánicos, Fertilización e Ecoloxía Agraria (USC). Grupo de investigación que destaca por estudos e a avaliación agroambiental do uso de fertilizantes e residuos nas terras de cultivo, asi como a avaliación e mellora de sistemas de produción ecolóxica.

 

GESPIC

Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio. Grupo de investigación que destaca polo seu estudio en Historia e economía da pesca e a construcción naval, as relacións económicas internacionais e a Historia industrial, entre outras áreas.

 

COSMERUM

Construcción Sustentable para o Medio Rural e Natural é un grupo de investigación con ampla experiencia para abordar avaliacións integrais de aloxamentos gandeiros, realización de proxectos singulares de construccións agroindustriais.

 

GIEEA

Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (UVIGO). O Grupo de investigación realiza plans de aproveitamento Integral de Recursos Locales para concellos, Comunidades de Montes ou propietarios personais en materia de economía ecolóxica e agroecolóxica.

 

LaboraTe

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe), é un grupo de investigación e docencia integrado por profesionais da docencia e investigación de diferentes áreas do coñecemento, donde o territorio no sentido amplio e especialmente o territorio rural, constitúen o seu principal ámbito de traballo. 
 

 

Ecoagrasoc

Economía Agroalimentaria e Medioambiental. Desenvolvemento Rural e Economía Social. O Grupo de Investigación traballa a agricultura e a economía alimentar, as políticas agrícolas e de desenvolvemento rural, a xestión económica das explotacións agrarias, as cooperativas e a economía social entre outros.

 

FINANCIA

Fundación Carasso

slide0-logo

 

Se trata de una fundación familiar con ámbito prioritario en Francia y España que busca facilitar el encuentro y tender puentes entre universos que no se comunican entre sí, para realizar lo que parecía imposible. También propiciar la aparición de acciones innovadoras y capitalizar las buenas prácticas para difundirlas lo más ampliamente posible.

USC

USClogo

 

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela nacida no s. XV. Dende aquela a súa aposta pola produción de coñecementos é unha das chaves da súa existencia.  

 

COLABORAN

marco3

Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Constituye la propuesta más vanguardista de la ciudad, ofreciendo programas didácticos dirigidos a escolares, familias y niños así como programas de formación para artistas y docentes. El Museo cuenta con servicio de biblioteca, hemeroteca y mediateca.

medialab2

É un Laboratorio cidadán ubicado en Madrid. Espazo de produción, investigación e difusión de proxectos culturais que exploran as formas de experimentación e aprendizaxe colaborativo que xorden das redes dixitais e outras tecnoloxías.
 

 

alga3

 

O Alg-a Lab é un laboratorio de experimentación cultural posto en marcha en 2008 pola comunidade de artistas Alg-a (2003).

 

 

casa2

 

Espazo autoxestionado, aberto e horizontal que acolle propostas cidadás de acción  sociocultural no Val Miñor dentro dos principios de #CulturaLibre e #CódigoAberto.

 

 

 

vincios

Comunidade de montes pontevedresa que leva anos na vangarda da activación de procesos de empoderamento da comunidade veciñal e impulsando proxectos de visibilización do seu patrimonio material e inmaterial.

 

carballo

Comunidade de montes lucense que impulsa iniciativas innovadoras, tanto na xestión sustentable do monte, como no ámbito das relacións comunitarias

logo-bicolor

Concello da provincia de Ourense e pertence á bisbarra de Allariz - Maceda. que destaca polo seu rico patrimonio natural, etnográfico e histórico, asi como a súa posta en valor