O Caderno de Documentación Colectivo é unha aposta do Programa por visbilizar  todo o relacionado ou referido a como as cousas suceden, buscamos por en valor eses traballos invisibles. Falar das estruturas subxacentes, do que hai de oculto. A través do Caderno queremos responder a tres requirimentos: 

Recoñecer a quen traballa, abrir o debate de porque as cousas funcionan, rexistro dos conflito que ocasiona o proxecto común, facer público o traballo afectivo/invisible.
 

Enfatizar a dimensión procesual do coñecemento. Ver como se solucionan eses conflitos dese proceso. Non dar conta so do resultados, senón tamén do que está detrás, do camiño.

Axudar na replicabilidade. É preciso crear unha serie de protocolos, acordos, convencións. Hai que rexistralo, eses acordos situados, para que outras persoas, se queren, poidan repliacalo. 

 

Evidenciar o proceso de xeración de coñecemento, e para iso é preciso recoñecer a quen coida, coidar dos coidadores, e tamén rexistrar abandonos, enfados