O 26 de novembro, Obradoiro-Roteiro O que pode unha liña
O sábado 26 de novembro terá lugar a sesión do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) títulada: O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradasrúa galegas, que será mediada polo colectivo de arquitectxs Ergosfera.
Este encontro consiste nun roteiro comentado e debatido e terá o seu comezo ás 11:00h. diante da Casa do Concello de Friol (Lugo), onde iniciaremos o camiño ata o local social de O Carballo (Friol). A través dese percorrido irase comentando, describindo e documentando os elementos desta forma de urbanización xenérica en Galicia, vinculados cos tres eixos do programa de estudos. Comúns, feminismos e ruralidades como perspectivas de análise coas que poder entender á urbanidade das estradasrúa, os conflictos que xera, mais tamén as súas potencialidades como estructura principal da forma na que se declinou en Galicia a cidade difusa.
A través deste encontro, preténdese apelar as seguintes cuestións: Como se viven e quen practica os bordos destas vías? Qué formas arquitectónicas promoven máis e menos posibilidades de acontecementos urbanos? Poden establecerse progresións lineais de máis a menos ruralidade a medida que avanzamos polas estradasrúa? Cal é o papel dos feminismos nunha forma urbana que parece dominada polo home branco sano e motorizado? Baixo que formas aparecen os comúns nuns territorios onde o público e o privado se dilúen de diversos xeitos? É o impuro, o que carece dunha orde planificada, un lugar máis proclive á recaptura popular?
O Encontro está aberto á participación, mais é preciso anotarse a través do email: [email protected] antes do 18 de novembro, indicando nome e apelidos e o interese en participar(a actividade é de balde).
Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. Nesta ocasión contamos co apoio da Comunidade Veciñal do Monte en Man Común de o Carballo.
A sesión está mediado por Ergofera, mais quen veñen sendo?
Ergosfera é un grupo de persoas adicadas á investigación do territorio contemporáneo, tanto desde a perspectiva dos grandes procesos derivados da globalización capitalista, como, especialmente, das novas formas de urbanidade en Galicia que tanto o Estado como o Mercado pretenden controlar e capitalizar á marxe das necesidades e desexos das persoas.
Algúns dos últimos proxectos, son:
- Cousa de Elviña (2016) http://www.ergosfera.org/archivo/cousa_de_elviña.html
- Degradación – Exterioridade – Emerxencia (2015act.) http://ergosfera.org/archivo/degradacion_exterioridad_emergencia.html
- Tomar medidas. Cinco acercamientos pseudocientíficos a un gran eje metropolitano en transformación (20132014) http://www.tomarmedidas.ergosfera.org/
- ZTC/ Zona Temporalmente Controlada (2013) http://ztc.ergosfera.org/
Eu si quero feísmo na miña paisaxe! (2012 - act.) http://ergosfera.org/archivo/eu_si_quero_feismo_na_miña_paisaxe.html
Esta sesión é o resultado dunha convocatoria aberta á participación, na que xs participantes do Programa de Estudos seleccionaron un conxunto de 7 dinamizadorxs, podes ver o resultado e o resto das sesións nesta ligazón: http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/