Estudos en Mancomún

resolución da Convocatoria de Dinamización de Módulos do PEMAN

1 Comentarios

Moi intensa a xornada e boísimas todas propostas!

Na Mesa Parroquial da Carballeira do Rodo en Lalín, tivo lugar a xuntanza na que os membros do xurado decidiron que propostas dinamizarían as sesións do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns.

O proceso non foi sinxelo, recibironse máis de 25 propostas, das que so se podían escoller 7. Tiveronse en conta os criterios de avaliación e que as propostas transitarán ámbitos relacionados coa ciencia, a arte e a sociedade. Procurouse á vez, un alto nivel de consenso á hora de seleccionar que propostas deberían ser as que dinamicen as próximas sesións.

E estas serán:

Sábado 26 de novembro en Carballo (Friol)O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas rúas galegas de Ergosfera

Sábado 10 de decembro en AllarizPensar a(s) comunidade(s): O conflito entre novas e vellas maneiras de habitar o rural galego do Colectivo nacente “aldeas de Bogo” (María José Fernández e Celtia Traviesas)

Sábado 27 de xaneiro na Museo de Arte Contemporáneo de VigoChuchpakuy compañeras: Laboratorio de metodologías imaginarias comunales de María Fernanda (mafe) Moscoso

Sábado 25 de febreiro no Alg-a Lab de VigoOs louceiros de Bamio e a nosa historia oral de Beatriz Comendador

Sábado 18 de marzo na Comunidade Veciñal de VinciosDefender a vida, sustentar a terra do colectivo Raias Traveseiras

Sábado 29 abril: 2 sesións en Madrid no MediaLab PradoVivir fóra? Traballo, estereotipos e redes de Silvia García González

Cómo é a gobernanza nos “comúns “ tradicionais? da Fundación Entretantxs

Á vez quixeramos agardecer a todas as persoas e colectivos que enviaron propostas para dinamizar as sesións porque acredita na potencialidade que existe tanto na investigación como na praxe no ámbito dos obxectos de estudo do PEMAN.