• Español
    • Galego
Tienes alguna cuestión?
+34 881 814 439
info@estudosenmancomun.gal
Programa de Estudos en Mancomun Programa de Estudos en Mancomun
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
  • QUE
    • XENEALOXÍA
    • CADERNO DE DOCUMENTACIÓN COLECTIVA
  • QUEN
  • NOVAS
  • Radio
  • A Diáspora
  • A Botica
  • MEIGAS DENTRO!
  • COIDADO!
  • CONTACTO
Register Login

feminismos

Na defensa do noso. As mulleres nas loitas polos MVMC.

“Acórdome coma se fora hoxe. Estabamos na cociña e os veciños convencéronme para que subira ó monte. Había moitas mulleres,polo que sei foron as que máis se enfrontaron á Garda Civil.” [1]

Testemuño dunha das veciñas partícipes na defensa do Monte Braña da Gatiñeira. Parroquia de Eiron, Mazaricos, 1963.

 

XuizoMulleresMontes

O venres día 10 ás 20h faremos un encontro sobre o papel das mulleres na defensa dos Montes Veciñais en Man común durante o franquismo e no postfranquismo. Esta sesión enmárcase dentro de #MontesUtópicos. Son unha serie de encontros online nos cales tratamos múltiples cuestións, sempre centradas nas diversas formas de facer/pensar/sentir… os comúns. Poñemos interese en como establecer narrativas en torno a eles e como comunicalos de xeito proactivo. Nesta ocasión falaremos sobre a acción das mulleres rurais na reapropiación dos Montes Veciñais en Man común e nas loitas agrarias dende os 60s ata a actualidade.

[2]

 

LibroFreire [3]

A conversa irá da man de Araceli Freire, investigadora do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. As súas liñas de traballo xiran en torno á historia agraria, a política forestal e o franquismo. Entre as súas publicacións destaca “En defensa de lo suyo. Propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo: los montes vecinales de Cerceda (A Coruña)”. Tamén “O monte é noso. Conflitividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en man común”, polo cal recibiu o premio Xohana Torres de ensaio no ano 2011.

Continuamos nesta xuntanza coa liña de traballo marcada en Comúns Feministas, dentro do Lar de Investigación Comunal do montenoso. A través desta iniciativa sumámonos ás olladas feministas arredor da realidade dos Montes Veciñais en Man Común e outros espazos do mancomún, cuxa xestión hai moito de patriarcal de de heteronormativo. A nosa principal motivación é entender os comúns máis aló dos estatutos, das actas, da taberna e procurar espazos para eles, na teima de visibilizar as súas presenzas [4].

Convidámoste comuneirx, investigadorx, activista ou curiosx a entrar neste diálogo que se está a tecer neste pad: https://saramaganta.info:9001/p/montenoso49. Agardámoste o venres 10 de xaneiro as 20:00h. Para participar teste que unir a mumble [Datos de acceso abaixo]. Estaremos minutos antes para facer probas de audio. A ferramenta mumble http://mumble.sourceforge.net é un chat de voz tipo skype ou o hangout de google pero é software libre. Tes que instalalo configuralo seguindo o asistente. Importante! Lembra que cando configures o teu Audio hai unha tecla que é a que che permite activar o micro. Tes que mantela pulsada para falar.

—————————————

[1] Citado por P. BERGANTIÑOS en A Nosa Terra nº 819, 26 de febreiro de 1998

[2]Imaxe. Fonte: Araceli Freire Cedeira: “Social unrest in rural Galicia during the Franco Regime.The case of common lands (1939-1975)” PDF completo.

[3]Imaxe. Araceli Freire Cedeira. Capa do libro: “O monte é noso. Conflitividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en man común”. 

[4] Feministeamos [Somos múltiples entre o eco-  e o transfeminismo… outras identificámonos coma ecoxéneros…] e imos falar dende aquí, por ser un lugar estratéxico que nos serve para traballar, un marco ideolóxico, político, pragmático, afectivo, sexual, estratéxico onde nos situamos…

—————————————

Mini Manual de configuración de Mumble:
ABRE MUMBLE:
Vai a Servidor- Conectar
Agregas novo servidor e escribes:
Etiqueta: mancomun
Enderezo: mumble.saramaganta.info
Porto: 64738
Nome: o teu nome/nick
estamos na sala: mancomún

  • Tweet

Posts anteriores

O PEMAN consigue financiamento da Fundación Daniel & Nina Carasso
11 May, 2016

Seguinte

Non hai política sen afectos. Visibilizando presenzas.
11 May, 2016

Poden interesarche

  • Violencia y Salud de las Mujeres en Yucatán
    21 March, 2017
  • Non hai política sen afectos. Visibilizando presenzas.
    11 May, 2016
  • O PEMAN Feminismos, Ruralidades e Comúns presentase na Libraría Lila de Lilith
    11 May, 2016

Deja un comentario Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Busca

Posts

  • Violencia y Salud de las Mujeres en Yucatán
  • Dende a diáspora
  • La memoria de los alfareros de Bamio y la impresión en 3D se dan la mano en el Alg-a Lab
  • Maneiras de habitar Allariz nunha fin de semana para pensar a(s) comunidades
  • El PEMAN participa en el Encuentros Sin Créditos 2016

Categorías

  • cidadanía
  • comúins
  • comúns
  • convocatoria
  • diáspora
  • diáspora
  • feminismos
  • lo nuevo
  • Presentación
  • Sin categorizar

CONTACTO

info[at]estudosenmancomun.gal
881 814 439

SUBSCRÍBETE

LUGAR

Histagra. Facultade de Xeografía e Historia.
Praza da universidade S/N
Santiago de Compostela- 15782

REDES

El Programa está financiado por la Universidad de Santiago de Compostela y la Fundación Daniel y Nina Carasso. Está impulsado por la 'Rede Revolta de Agroecoloxía' y coordinado por Montenoso. Este site se encuentra registrado bajo una licencia creative commons.