comúns – Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal Ruralidades, Feminismos y Comunes Tue, 02 Oct 2018 14:16:36 +0000 en-US hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.16 http://estudosenmancomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/cropped-favicon2-32x32.png comúns – Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal 32 32 O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/ http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/#respond Tue, 07 Aug 2018 16:06:35 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7280 O libro A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos é un dos libros máis vendidos dacordo ao ranking de vendas elaborado polo xornal El Faro de Vigo e asi o indicaban este sábado 4 de agosto, tal e como figura na imaxe.

A obra A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.


A obra pode conseguirse nas seguintes librarías:
Online
http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

Santiago de Compostela
Libraría do CGAC
NUMAX
Chan da P​ó​lvora
DIDAC
​Couceiro

Pontevedra
Libraría Paz​

A Coruña:
Libraría Berbiriana
Xiada

Cangas do Morrazo
Libraría Wells

Bueu
Libraría Miranda

Donosti
Tobacco Days

Madrid
La Neomudejar
La Central do Museo Reina Sofía

Actualmente estamos facendo presentacións en diferentes espazos, se tes interese en que presentemos esta obra envíanos un email a info@estudosenmancomun,gal

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/feed/ 0
Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/ http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/#respond Fri, 05 Jan 2018 11:01:05 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7262 O Programa de Estudos en Man Común Feminismos, Ruralidades e Comúns remata tras case dous anos de traballo e gustaríanos facelo nun encontro no que mesturar a presentación dun libro coa visita a unha comunidade de montes. Por iso facemos este convite, para animarvos a acompañarnos na sesión Ler o Monte.

O encontro terá lugar o sábado 13 de xaneiro no Monte veciñal en Man común de O Carballo, Friol (Lugo). Comezará cun roteiro guiado, a partir das 11h, para coñecer o uso multifuncional que se fai do monte e o aproveitamento que tira a comunidade del.

Da man dxs comuneirxs coñeceremos a aposta pola valorización do monte a través do aproveitamento que fan do mel, da explotación de porco celta ou da exitosa festa da Rapa das Bestas.

Despois do xantar, no mesmo local da comunidade de montes, a hora do café será testemuña da presentación do libro “A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns”, por parte de editorxs e autorxs da publicación e colaboradorxs do PEMAN

A través das marxes, escrita polxs participantes e colaboradorxs do PEMAN, preséntase como un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos tras máis de ano e medio de traballo no PEMAN. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento  entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en mancomún a unha comunidade de aprendizaxe.

O libro foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico e a través da súa web xa se pode acceder a pre-compra do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

A xornada está aberta a participación, mais cómpre inscribirse a a través do email info@estudosenmancomun.gal. Para as persoas participantes ofrecerase a posibilidade de compartir coche para reducir os custes ambientais e económicos do desprazamento, organizado a través dun pad, un editor colaborativo.

 

]]>
http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/feed/ 0
O PEMAN participa no Encuentros Sin Créditos 2016 http://estudosenmancomun.gal/o-peman-participa-no-encuentros-sin-creditos-2016/ http://estudosenmancomun.gal/o-peman-participa-no-encuentros-sin-creditos-2016/#respond Tue, 22 Nov 2016 08:26:41 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=5871 Do 25 ao 26 de novembro terá lugar en Madrid o Encuentros Sin Créditos 2016, evento público articulado no marco do Programa Sin Créditos da Comunidade de Madrid, dende o que se convoca a reflexionar e debatir sobre saberes e faceres en comunidades artísticas de aprendizaxe regladas e non regladas e artellase en dúas sesións: Abierto Sin Créditos e Mesas de debate.

Neste Encontro presentarase o Programa de Estudos en Man común Ruralidades, Feminismos e Comúns da man de Andrea Olmedo, quen presentará a charla Construindo un proceso de aprendizaxe en (man) común co obxectivo de analizar o proceso no que estamos inmersos dende o propio Programa co fin de tecer un espazo de pensamento crítico en común.

bases

Ademais do propio Programa de Estudos haberá presentacións e iniciativas moi diversas, e na xornada do 26 unhas interesantes mesas de debate na que se abordarán cuestións como a educación, a experimentación ou a produción de coñecemento. Nesta ligazón tes toda a información do Encontro: https://programasincreditos.org/encuentros/

As sesións terán lugar na Sala de Arte Joven, na Avenida de América, 13 en Madrid e pódese asistir enviando un email a abiertosincreditos@gmail.com

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-peman-participa-no-encuentros-sin-creditos-2016/feed/ 0
O 26 de novembro, Obradoiro-Roteiro O que pode unha liña http://estudosenmancomun.gal/o-26-de-novembro-obradoiro-roteiro-o-que-pode-unha-lina/ http://estudosenmancomun.gal/o-26-de-novembro-obradoiro-roteiro-o-que-pode-unha-lina/#respond Wed, 26 Oct 2016 16:12:50 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=5784 Este encontro ]]> O sábado 26 de novembro terá lugar a sesión do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) títulada: O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradasrúa galegas, que será mediada polo colectivo de arquitectxs Ergosfera.

Este encontro consiste nun roteiro comentado e debatido e terá o seu comezo ás 11:00h. diante da Casa do Concello de Friol (Lugo), onde iniciaremos o camiño ata o local social de O Carballo (Friol). A través dese percorrido irase comentando, describindo e documentando os elementos desta forma de urbanización xenérica en Galicia, vinculados cos tres eixos do programa de estudos. Comúns, feminismos e ruralidades como perspectivas de análise coas que poder entender á urbanidade das estradasrúa, os conflictos que xera, mais tamén as súas potencialidades como estructura principal da forma na que se declinou en Galicia a cidade difusa.

A través deste encontro, preténdese apelar as seguintes cuestións: Como se viven e quen practica os bordos destas vías? Qué formas arquitectónicas promoven máis e menos posibilidades de acontecementos urbanos? Poden establecerse progresións lineais de máis a menos ruralidade a medida que avanzamos polas estradasrúa? Cal é o papel dos feminismos nunha forma urbana que parece dominada polo home branco sano e motorizado? Baixo que formas aparecen os comúns nuns territorios onde o público e o privado se dilúen de diversos xeitos? É o impuro, o que carece dunha orde planificada, un lugar máis proclive á recaptura popular?

O Encontro está aberto á participación, mais é preciso anotarse a través do email: info@estudosenmancomun.gal antes do 18 de novembro, indicando nome e apelidos e o interese en participar(a actividade é de balde).

Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. Nesta ocasión contamos co apoio da Comunidade Veciñal do Monte en Man Común de o Carballo.

A sesión está mediado por Ergofera, mais quen veñen sendo?
Ergosfera é un grupo de persoas adicadas á investigación do territorio contemporáneo, tanto desde a perspectiva dos grandes procesos derivados da globalización capitalista, como, especialmente, das novas formas de urbanidade en Galicia que tanto o Estado como o Mercado pretenden controlar e capitalizar á marxe das necesidades e desexos das persoas.

Algúns dos últimos proxectos, son:

Esta sesión é o resultado dunha convocatoria aberta á participación, na que xs participantes do Programa de Estudos seleccionaron un conxunto de 7 dinamizadorxs, podes ver o resultado e o resto das sesións nesta ligazón: http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-26-de-novembro-obradoiro-roteiro-o-que-pode-unha-lina/feed/ 0
resolución da Convocatoria de Dinamización de Módulos do PEMAN http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/ http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/#comments Fri, 16 Sep 2016 07:50:10 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=5173 O proceso non foi ]]> Na Mesa Parroquial da Carballeira do Rodo en Lalín, tivo lugar a xuntanza na que os membros do xurado decidiron que propostas dinamizarían as sesións do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns.

O proceso non foi sinxelo, recibironse máis de 25 propostas, das que so se podían escoller 7. Tiveronse en conta os criterios de avaliación e que as propostas transitarán ámbitos relacionados coa ciencia, a arte e a sociedade. Procurouse á vez, un alto nivel de consenso á hora de seleccionar que propostas deberían ser as que dinamicen as próximas sesións.

E estas serán:

Sábado 26 de novembro en Carballo (Friol)
O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas rúas galegas de Ergosfera

Sábado 10 de decembro en Allariz
Pensar a(s) comunidade(s): O conflito entre novas e vellas maneiras de habitar o rural galego do Colectivo nacente “aldeas de Bogo” (María José Fernández e Celtia Traviesas)

Sábado 27 de xaneiro na Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Chuchpakuy compañeras: Laboratorio de metodologías imaginarias comunales de María Fernanda (mafe) Moscoso

Sábado 25 de febreiro no Alg-a Lab de Vigo
Os louceiros de Bamio e a nosa historia oral de Beatriz Comendador

Sábado 18 de marzo na Comunidade Veciñal de Vincios
Defender a vida, sustentar a terra do colectivo Raias Traveseiras

Sábado 29 abril: 2 sesións en Madrid no MediaLab Prado
Vivir fóra? Traballo, estereotipos e redes de Silvia García González

Cómo é a gobernanza nos “comúns “ tradicionais? da Fundación Entretantxs

Á vez quixeramos agardecer a todas as persoas e colectivos que enviaron propostas para dinamizar as sesións porque acredita na potencialidade que existe tanto na investigación como na praxe no ámbito dos obxectos de estudo do PEMAN.

]]>
http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/feed/ 1