Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal Ruralidades, Feminismos y Comunes Tue, 02 Oct 2018 14:16:36 +0000 en-US hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.16 http://estudosenmancomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/cropped-favicon2-32x32.png Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal 32 32 Lara Dopazo Ruibal comuneira do PEMAN, nova bolseira da Academia de Roma http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/ http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/#respond Tue, 02 Oct 2018 08:47:58 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7301 A poeta Lara Dopazo Ruibal que, nesta edición do PEMAN, foi comuneira ademais de co-editora do libro “A través das marxes” ven ser seleccionada como bolseira da prestixiosa Academia de Roma. Esta boa nova supón un chanzo máis na exitosa carreira da poeta que recentemente tamén gañou a decimoséptima edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño coa obra “Claus e Alacrán”

Nesta ligazón pode accederse a resolución: http://www.accademiaspagna.org/wp-content/uploads/2015/04/Resoluci%C3%B3n-Beca-2018-2019.pdf

]]>
http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/feed/ 0
O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/ http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/#respond Tue, 07 Aug 2018 16:06:35 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7280 O libro A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos é un dos libros máis vendidos dacordo ao ranking de vendas elaborado polo xornal El Faro de Vigo e asi o indicaban este sábado 4 de agosto, tal e como figura na imaxe.

A obra A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.


A obra pode conseguirse nas seguintes librarías:
Online
http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

Santiago de Compostela
Libraría do CGAC
NUMAX
Chan da P​ó​lvora
DIDAC
​Couceiro

Pontevedra
Libraría Paz​

A Coruña:
Libraría Berbiriana
Xiada

Cangas do Morrazo
Libraría Wells

Bueu
Libraría Miranda

Donosti
Tobacco Days

Madrid
La Neomudejar
La Central do Museo Reina Sofía

Actualmente estamos facendo presentacións en diferentes espazos, se tes interese en que presentemos esta obra envíanos un email a info@estudosenmancomun,gal

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/feed/ 0
Presentación do libro A través das marxes na libraría Berbiriana http://estudosenmancomun.gal/7275/ http://estudosenmancomun.gal/7275/#respond Mon, 30 Apr 2018 15:12:05 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7275 O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o xoves 3 de maio ás 19:30h. na libraría coruñesa Berbiriana, situada na rúa Santiago, 7 na Porta Real. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola investigadora Helena Martinez e a consultora e membro da coop. Rexenerando Olga Romasanta. Ambas son coautoras do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

]]>
http://estudosenmancomun.gal/7275/feed/ 0
Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/ http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/#respond Mon, 12 Mar 2018 09:36:42 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7267 O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o venres 16 de marzo ás 19:30h. na libraría compostelá Couceiro. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola poeta e licenciada en xornalismos Lara Dopazo e por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC. Ambos son coautores do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

]]>
http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/feed/ 0
Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/ http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/#respond Fri, 05 Jan 2018 11:01:05 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7262 O Programa de Estudos en Man Común Feminismos, Ruralidades e Comúns remata tras case dous anos de traballo e gustaríanos facelo nun encontro no que mesturar a presentación dun libro coa visita a unha comunidade de montes. Por iso facemos este convite, para animarvos a acompañarnos na sesión Ler o Monte.

O encontro terá lugar o sábado 13 de xaneiro no Monte veciñal en Man común de O Carballo, Friol (Lugo). Comezará cun roteiro guiado, a partir das 11h, para coñecer o uso multifuncional que se fai do monte e o aproveitamento que tira a comunidade del.

Da man dxs comuneirxs coñeceremos a aposta pola valorización do monte a través do aproveitamento que fan do mel, da explotación de porco celta ou da exitosa festa da Rapa das Bestas.

Despois do xantar, no mesmo local da comunidade de montes, a hora do café será testemuña da presentación do libro “A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns”, por parte de editorxs e autorxs da publicación e colaboradorxs do PEMAN

A través das marxes, escrita polxs participantes e colaboradorxs do PEMAN, preséntase como un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos tras máis de ano e medio de traballo no PEMAN. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento  entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en mancomún a unha comunidade de aprendizaxe.

O libro foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico e a través da súa web xa se pode acceder a pre-compra do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

A xornada está aberta a participación, mais cómpre inscribirse a a través do email info@estudosenmancomun.gal. Para as persoas participantes ofrecerase a posibilidade de compartir coche para reducir os custes ambientais e económicos do desprazamento, organizado a través dun pad, un editor colaborativo.

 

]]>
http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/feed/ 0
Sobre a gobernanza dos bens comúns coa Fundación Entretantos http://estudosenmancomun.gal/sobre-a-gobernanza-dos-bens-comuns-con-entretantos/ http://estudosenmancomun.gal/sobre-a-gobernanza-dos-bens-comuns-con-entretantos/#respond Tue, 23 May 2017 10:49:42 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7118 Como ben sabedes o pasado abril o PEMAN viaxou a Madrid para condensar dous dos seus módulos (Re)productivos, que se desenvolveron no MediaLab Prado, entidade socia do PEMAN. Pouco tempo tivemos para coñecer tan inmenso proxecto, mais si que ]]>

Como ben sabedes o pasado abril o PEMAN viaxou a Madrid para condensar dous dos seus módulos (Re)productivos, que se desenvolveron no MediaLab Prado, entidade socia do PEMAN. Pouco tempo tivemos para coñecer tan inmenso proxecto, mais si que tivemos a oportunidade de vivir de primeira man como é unha xornada completa neste espazo de comúns urbanos dende o seu Auditorio. 

Pola mañá tivemos un obradoiro,  Vivir fóra? Traballo, estereotipos e redes, conducido e mediado por Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Con ela abordamos a través de diversas dinámicas como se foron construíndo imaxinarios populares ao redor da vida nas aldeas, partindo de recursos escolares e contidos audiovisuais e cinematográficos.

Logo pola tarde, con Nuria e Santiago da Fundación Entretantos, tivemos o obradoiro Como é a gobernación nos comúns tradicionais, centrado no desenvolvemento de ferramentadas para a avaliación da gobernanza dos comuns tradicionais e naturais. A Fundación Entretantos   é unha organización sen ánimo de lucro creada por un grupo de profesionais e empresas que comparten intereses, preocupacións e experiencias nos ámbitos do ambente, a participación, comunicación e educación ambiental. O seu principal obxectivo é fomentar a participación social como unha ferramenta esencial para mellorar a xestión do territorio e a súasustentabilidade. Nuria Alonso, ambentóloga e experta en coopreación internacional, e Santiago Campos, biólogo especialista en xestión ambental, plantexaron unha sesión moi  dinámica na que incluíron un pequeno obradoiro no que traballamos:  comúns, biodiversidade, conservación e gobernanza.

Partindo da consideración da biodiversidade como un común máis da humanidade, a sesión tivo como eixo central unha pregunta clave: De qué estamos a falar cando falamos dunha boa gobernanza dos comúns tradicionais/ naturais? Como resposta a esta pregunta, o obxectivo xeral da activide foi reflexionar e aportar criterios cos que valorar a calidade dunha gobernanza de tipo comunal.

En primeiro lugar, explicáronnos algúns puntos relativos á gobernanza garante da biodiversidade. Valéronse das teses da Unión Internacional para a Conservación de la Naturaleza, que recoñece as comunidades (ICCAs – Indigenous and Community Conserved Areas) como un dos actores que poden detentar a responsabilidade da gobernanza dos comuns naturais, xunto con outros, como os gobernos, as entidades privadas ou otras, de tipo compartido.

O desenvolvemento da sesión xiróu ao redor das ICCAs como um espazo aberto a diferentes tipos de intervención, particularmente, en relación ás accions orientadas a mellorar a calidade do gobierno en común. Como esplicou Santiago, unha ICCA, pra ser considerada como tal, ten que  ter algunhas condicions como ter uma comunidade detrás. Ademáis ten que desenvolverse nun terreo máis ou menos acotable e ten que ter uns recursos que a comunidade considere valiosos, asi como un sistema de goberanza que xestione e decida ao redor da gobernanza dos bens dese territorio. Bos exemplos serían os Montes Veciñais en Man Común (MVMC) en Galiza, pero tamén os cotos de caza ou moitas comunidades de xestión da augua de rega.

Tras a súa explicación e dun breve debate sobre os diferentes dilemas e problemáticas que os diferentes criterios de avaliación podían plantexar, chegamos ao punto de considerarmos cinco factores fundamentales á hora de avaliar umha gobernanza apropiada dos comúns tipo ICCA. Primeiramente esta gobernanza ten que ser  lexítima: as normas son aceptadas comunmente, o órgano representa verdadeiramente á comunidade, as normas son coñecidas e acatadas por comunidade lexitimidade basada, participación horizontal no exercicio do poder. Como se gundo punto a destacar esta gobernanza ten que ter unha dirección: accions orientadas ao obxetivo plantexado, consciencia dos bens dispoñibles e saber aprobeitalos. Os desexos e necesidades das persoas teñen que ser tidos en conta. Como terceiro factor, debe ser eficiente: garantía de reprodución dos recursos, que son aproveitados de xeito sostible,tamén unha sostenibilidade económica. Como cuarto punto, ten que ser transparente e rendir contas á comunidade, a información debe ser accesible se e debe haber un control dos órganos de goberno. Por último  ten que ser xusta: favorecer a equidade, o respeto, a non violencia, a igualdade de xénero e a igualdade de deberes. 

Como posta en práctica destos factores, a sesión continuou cunha parte práctica na que, por grupos, tivemos a oportunidade de afondar nestes puntos. Cada un dos grupos centrouse nun dos puntos e pensou estratexas de intervención centradas en torno a eles. A sesión finalizou cua posta en común das diferentes estratexas de intervención ideadas polos grupos para promover as boas formas no goberno dos comúns tradicionais/naturais.

Como conclusión, nesta posta en común ente os diferentes grupos valoráronse positivamente e prototipáronse formas de intervención comunitaria que, pensamos, podrían favorecer o bon goberno en mancomún, como o fomento da participación nas asambleas, a diversificación e introdución de mecanismos de rotación nos órganos de toma de decisions, a loita contra os teitos de cristal e outras formas de desigualdade (clase, familia, edade, orientación sexual) na comunidade e o favorecemento de mecanismos de rendición de contas como a comunicación transparente no goberno do común. A sesión axudou a despexar dúbidas acerca dos procesos de gobernanza das ICCAS e, por extensión, dos espazos de xestión comunal rurais, proporcionando ferramentas operativas para avaliar, medir ou implementar nos espazos existentes. 

 Como parte da viaxe a Madrid, unha vez rematadas as sesións programadas no Medialab, visitáronse dous espazos de xestión comunal de diferente natureza presentes no tecido da cidade. Espazos onde as lóxicas de gobernanza e xestión pasan pola creación e coidado dun ben de interese común para xs habitantes do barrio. O primeiro, Estaesunaplaza , é un espazo aberto construido nun solar baleiro da rúa Doctor Fourquet, recuperado pola veciñanza como unha zona verde ante a falta desta clase de equipamentos no barrio de Lavapiés. O segundo, a Tabacalera , un espazo autoxestionado polxs veciñxs do barrio antes de que fose convertido nun proxecto monumental do concello. O novo equipamento nunca se chegou a construir e grazas á presión veciñal e á protección deste novo espazo autoxestionado. Conseguiuse un recoñecemento da propia administración que cedeu parte do edificio. Unha década máis tarde, o espazo aglutina máis de dez liñas de traballo e investigación, supoñendo un foco de reflexión e intervención cultural íntegramente promocionado pola comunidade que o forma. 
Un artigo de Llorián García, comuneiro do Peman
]]>
http://estudosenmancomun.gal/sobre-a-gobernanza-dos-bens-comuns-con-entretantos/feed/ 0
Contraestereotipos rurais. Un relato da sesión con Silvia García. http://estudosenmancomun.gal/contraestereotipos-rurais-un-relato-da-sesion-con-silvia-garcia/ http://estudosenmancomun.gal/contraestereotipos-rurais-un-relato-da-sesion-con-silvia-garcia/#respond Mon, 22 May 2017 09:18:24 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7110 O pasado abril o PEMAN viaxou a Madrid para condensar dous dos seus módulos (Re)productivos, que se esenvolveron no MediaLab Prado, entidade socia do PEMAN. É un laboratorio de produción cidadán, investigación e difusión de proxectos culturais que explotan formas de experimentación e aprendizaxe colaborativa que para elx xurdiron a partir de redes dixitais.
Pouco tempo tivemos para coñecer tan inmenso proxecto, mais si que tivemos a oportunidade de vivir de primeira man como é unha xornada completa neste espazo de comúns urbanos dende o seu Auditorio.  Pola mañá tivemos un obradoiro,  Vivir fóra? Traballo, estereotipos e redes, conducido e mediado por Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Con ela abordamos a través de diversas dinámicas como se foron construíndo imaxinarios populares ao redor da vida nas aldeas, partindo de recursos escolares e contidos audiovisuais e cinematográficos. Logo pola tarde, con Nuria e Santiago da Fundación Entretantos, tivemos o obradoiro Como é a gobernación nos comúns ‘tradicionais, centrado no desenvolvemento de ferramentadas para a avaliación da gobernanza dos comuns tradicionais e naturais. 
A Través do relato de Silvia transitamos por temas como a educación, os estereotipos, a imaxe, o traballo,  a cidade-rural, a rede e a feminización para analizar os diversos estereotipos  que conforman o noso  imaxinario, habitado pola dicotomía cidade-rural e analizar como a eduación e o cinema perpetúan tales estereotipos.Esta primeira parte comezou analizando os imaxinarios presentes nas publicacións (textos pedagóxicos, revistas humorísticas, libros…) como La codorniz editados durante o franquismo, que podían consultarse nunha das mesas da sala. Así, a través dun relato que conectaba experiencias persoais  cuestionábase se eses mismos estereotipos e construccións imaxinarias seguían estando vixentes na actualidade.
Silvia afondou sobre a diferencia de consideración do traballo físico e o intelectual, sobre ese “ser de la aldea” como nenx/adolescente ó chegar á vila para ir a escola; sobre a relación de desconfianza mutua entre persoas do rural/cidade, sobre esa “España vacía”, citando a obra Sergio del Molino que nos queda e á que nos estamos entregando. Unha visión do despoboamiento do rural que non só e contemporánea senón que xa está presente na novela de Miguel Delibes e no filme El disputado voto del Sr. Cayo de Antonio Giménez-Rico.
A continuación, abriuse un debate onde se cuestionou se a visión do rural baseada en estereotipos negativos é unha característica propia do estado español ou se acontece noutros estados coma Francia ou Alemaña  onde a industrialización  non está asociada exclusivamente a entornos urbanos, senón á totalidade do territorio. Cuestión que entronca directamente coa diferenciación fundamental entre o traballo físico e o intelectual, ligado no imaxinario colectivo ao espazo rural e urbano respectivamente. A propia localización das institucións do ensino, que obligan a saír da aldea para acceder á escola, xogan un papel fundamental que sigue presente na actualidade nesa minusvalorización do rural. Unha visión de ambos mundos, que se ben non está clara se a nivel real é tal, permanece vixente no imaxinario colectivo, perpetuado a través das construccións feitas dende os medios de comunicacións ou as lecturas que se fan do territorio a nivel político. 
Silvia recomendounos varios traballos artísticos que afondan nestas cuestións dun xeito crítico. Por unha banda o traballo da cineasta viguesa Xisela Franco ‘Díptico Cruz Piñón‘,un díptico visual con pantalla partida no que se mostran facetas de la vida de Cruz Piñón, a o día a dia dunha muller rural con moita vontade de aprender das tecnoloxias e das artes.  Durante o debate foron xurdindo novas referencias como o proxecto “Teño unha horta en San Sadurniño que recolle os saberes das veciñas de San Sadurniño, entre elas Cruz Piñón,  a través dunha canle de youtube. Este proxecto foi  premiado dun proxecto de inclusión dixital comezado no ano 2015 Tamén falou de proxectos curatoriais como “Campo Adentro” coordinado pro García Dory [inland.org] , sobre territorios, xeopolítica, cultura e identidade no campo das relacións campo – cidade.  Falamos do proxecto documetal Resistencia  feito por Lucía Lorén e Juanma Martín que narra a experiencia da cooperativa Los Apisquillosen Puebla de la Sierra, Madrid. Todos eles amosaban novas experiencias, capaces de re-pensar críticamente o imaxinario colectivo do rural e, ao mesmo tempo, xerar novos espazos chamados de confluencia ou intermedios. Como transición á segunda parte da sesión, apareceu unha nova referencia, a obra de Lara Almarcegui, artista que traballa con puntos intermedios a cabalo entre a cidade e o rural: zonas de contacto, híbridas, a explorar para construir novas posibilidades. 
Na segunda parte realizouse un exercicio práctico onde, por grupos, reflexionouse sobre dúas cuestión que logo serían postas en común: as lembranzas persoais conectadas cos estereotipos do rural e por outra parte puntos de conexión entre o mundo urbano e rural (se é posible pensar ou separar estes dous termos). A posta en común posterior centrouse en recoller e pensar as diferentes propostas condensadas nas seguintes liñas de intervención:

O fortalecemento dos espazos de encontro tanto físicos como virtuais, sendo as TICS un dereito e unha oportunidadede desenvolvemento; a visibilización de casos de éxito no rural e de propostas críticas de pensamento e actuación; a potenciación da escoita e diálogos lentos que poidan cuestionar as visións preexistentes do rural (tanto propias como alleas); a xeración de conexións e redes interxeneracionais e p2p, que permitan compartir os saberes e coñecementos presentes no territorio. Todos estes temas foron postos sobre a mesa en maior ou menor medida polos distintos grupos da actividade, atopando vectores claros de oportunidade para cuestionar e repensar os espazos de oportunidade do rural contemporáneo.

A sesión, por tanto, estivo enfocada a dúas liñas principais de reflexión conectadas en todo momento a través das referencias e relatos feitos tanto na presentación e nos debates. Unha primeira que, a través dunha revisión en primeira persoa, repensaba a construcción do imaxinario do rural e outra que escapaba do relato maioritario para enfocarse noutras narrativas que amosaban novas experiencias, puntos de contacto e espazos de oportunidade para repensar o rural e todos os conceptos asociados a el. 
Un relato de Antonio Giraldez, comuneiro do PEMAN
]]>
http://estudosenmancomun.gal/contraestereotipos-rurais-un-relato-da-sesion-con-silvia-garcia/feed/ 0
“Das que viven no monte”: Éticas feministas desde Vincios http://estudosenmancomun.gal/eticas-feministas-desde-vincios/ http://estudosenmancomun.gal/eticas-feministas-desde-vincios/#respond Mon, 10 Apr 2017 12:38:03 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6999 Levabamos desde o día anterior no Val Miñor e despois do Aquelarre de Sabias na Casa Colorida chegamos ao centro veciñal de Vincios para o obradoiro “Defender a terra, sustentar a vida. Éticas feministas desde Vincios”. Como colocar os coidados no centro para facer que as nosas vidas sexan máis plenas, para coñecer mellor a nosa historia e así pensarmos no futuro? Arredor desta pregunta xirou o quinto módulo do Programa de Estudos en Mancomún (PEMAN) que tivo lugar o pasado 18 de Marzo en Vincios, Gondomar, e durante o cal a Comunidade de Montes en Man Común, exerceu de anfitriona.

As compañeiras de Raias Traveseiras, colectivo adicado ao traballo de visibilización e denuncia das políticas migratorias, patriarcais e capitalistas, foron as encargadas de dinamizar a primeira parte deste módulo. Da man do ecofeminismo afondamos nas dimensións da crise social que atravesa natureza e persoas por igual e que se constrúe a partires da conceptualización dos corpos sexuados, invisibilizando os labores reprodutivos mais tamén produtivos desenvoltos polas mulleres.

Por que unha ética dos coidados? Que son os coidados? Falamos de que  son actividades de xestión e mantemento das necesidades biolóxicas  e emocionais das persoas que procuran mantelas en condicións saudables e cuxa satisfacción debera estar no centro dunha sociedade que persiga o benestar da poboación . O actual sistema de organización social, os nosos estilos de vida, baséanse polo xoeral nunha débeda de coidados, que contraemos cando unha terceira persoa, que pode vivir na outra punta do planeta. Esta encárgase de facer aquelo que non é asumido no propio coidado ou no coidado doutras persoas baixo a túa responsabilidade. Históricamente, a débeda de coidados prexudicou ás mulleres e sobre todo ás mulleres en situación de maior vulnerabilidade, que en moitos casos non teñen nin tiñan a posibilidade de facer unha escolla sobre se coidar ou non, sobre como ser coidada e como auto-coidarse.

Podemos aprender algo do papel que teñen os coidados na nosa sociedade comparándoo con outras culturas e lugares? Logo do visionado da peza  El tanque (Documental. 17′. Quetzaltenango, Guatemala. Julio 2009), que recolle esceas cotiás onde mulleres guatemaltecas comparten anécdotas nun lavadoiro sobre as relacións coas parellas, o maltrato, o traballo infantil ou o papel que ten a celebración e a festa, falamos sobre as semellanzas e diferenzas que atopamos no tratamento dos coidados nas nosa contorna próxima e no que entre-lemos no vídeo, malia sinalarse que hai que ter cautela ao tentar comparar realidades tan distintas e que no caso de Guatemala, non coñecemos a fondo. En xeral chama a atención como nas conversas do vídeo intúese unha normalización do maltrato dos homes cara ás mulleres, malia que o feito de que se fale abertamente sobre a violencia doméstica denota xa un certo grao de empoderamento das mulleres. Entre as semellanzas con Galicia, apúntase á coincidencia no tipo de espazo de socialización feminino: o lavadoiro e a naturalidade na crianza dos e das cativas. Ao fío deste debate, facemos un paréntese histórico e falamos de como o patriarcado levou a que a regra das mulleres fose vista como algo contaminante ou perigoso cando é unha mostra de fertilidade. A roupa con restos de regra non podía lavarse nos lavadoiros públicos de Galicia e as mulleres eran privadas de facer  certas actividades cando a tiñan e de como elas se aproveitaban. Sobre este tema, recoméndase ler a .

Cal é a relación entre a crise dos coidados e a fenda rural-urbano en Galicia? A perspectiva da sustentabilidade da vida, ou ecofeminista, lévanos a entender o abandono do rural e a natureza como unha extensión máis da crise social de coidados, que esquece a nosa dependencia do estado do medioambiente e a calidade de vida das persoas ao noso arredor, dos comúns. Respecto deste tema xérase debate arredor da idea de que o discurso sobre os coidados aplicado ao estado do monte pode significar cousas totalmente opostas para unhas persoas e outras.

Deste xeito as demandas cara á multifuncionalidade do monte poden ser vistas como unha imposición “urbanita, de esquerdas ou ecoloxista” por parte das propietarias forestais, para as cales plantar eucaliptos é visto como un xeito de ter coidado o monte, de establecer unha continuidade coas xeracións pasadas traballando a terra.

Ademais, temos un debate sobre cales son as razóns de fondo para que o coidado das persoas maiores, dependentes, xa non estea ligado coas comunidades e que moitas persoas maiores opten por migrar á cidade ao perder autonomía. Pode entenderse esta tendencia como unha dimensión máis do desequilibrio entre as áreas rurais e urbanas en Galicia?

Recupera-lo monte, recupera-la historia do Val Miñor.  No serán do día 18, Xosé Lois Vilar, namorado de Baiona, etnógrafo, arqueólogo e experto en microtoponimia ábrenos as portas ao Monte Veciñal en Man Común en Vincios. Comezamos o roteiro ao pé do Petroglifo de Armas de Auga da Laxe, o maior e mellor conservado petroglifo de armas de Europa e que data da época Calcolítica ou Idade do Bronce (1500-2000 AC); agora dentro dun proxecto de musealización. As 26 armas gravadas nesta mostra de arte rupestre son unha demostración de que o Val Miñor non estaba illado e que existían redes de intercambio de saberes e materiais, precisas para que as armas representadas no petroglifo puideran atoparse na época e zona. O petroglifo, a modo de panoplia, era tamén marca do dominio dun amplo territorio e até Barcelos non hai outro exemplar de dimensións semellantes.

A toponimia, di Xosé Lois, era o mellor localizador da antigüidade, porque describe os lugares. Os traballos de recollida de microtoponimia hoxe devólvenos a relación das comunidades co seu territorio, lendas e mitoloxía arredor dos lugares e culturas que habitaron nestes e que sobreviviron ás asimilacións culturais ao longo da historia.  Tanto Tereixa Otero como Xosé Lois, que desenvolveron traballos de recollida de microtoponimia na zona fálannos do urxente de recoller este patrimonio vivo, só accesible hoxe nas memorias das xeracións maiores.

Achegarse á microtoponimia, evitar desertos patrimoniais. Coñece-la toponimia, parte do noso patrimonio inmaterial,  sírvenos para coñece-las actividades económicas do pasado, o tipo de asentamento e relación con outros, os nomes de fundadores e personalidades locais salientables, os lindes das propiedades, a fauna e a flora ou os diferentes aproveitamentos do chan…Citando a obra de Edelmiro Bascuas López dinos Xosé Lois que  podemos recuperar a historia común, indoeuropea, que explica que moitos grandes accidentes orográficos no continente compartan raíz: Tambre, Támesis…  Outros, como Gonzalo Navaza explícannos  que o nome Galicia vén de Callaici, o nome que as tribos preromanas asentadas na área de Lobios-Entrimo se daban a si mesmas, e que significaba “os que viven no monte” e que logo os romanos adaptarían ao latín Gallaecia. Un referente do intento de difundir entre amplas capas sociais o valor da onomástica foi a colección O Moucho  que editou Celso de Baión na posguerra (seudónimo do poeta Xosé María Álvarez Blázquez) na editorial Castrelos .

Repatrimonializar o monte: construír Vincios. Repasando microtoponimia recollida na área de Vincios dentro do Proxecto Cartografías Sensibles vemos que a abundancia dela fálanos do uso intensivo e variado que tiñan as terras antes do cambio da estrutura económica tradicional entre os anos 40 e 60. . Así, o topónimo Pico da bandeira sinalaría que os rapaces e rapazas, encargadas de levar a pacer o gando ó monte, chantaban unha bandeira no Alto do Penedo para que os adultos na aldea souberan que chegaran ben. A revalorización do patrimonio cultural é unha das liñas de traballo que a Comunidade de Montes de Vincios desenvolve no  seu compromiso por darlle un uso multifuncional ao monte e así contribuír ao benestar da poboación. Alberto Covelo, presidente da Comunidade de Montes, explícanos como a través da combinación de usos de produción madeireira, de gandería extensiva, recreativas e de regulación ambiental, na área da Serra do Galiñeiro estase reconstruíndo a identidade da parroquia e asegurando o seu futuro, en comunidade.

Por Helena Martínez. Imaxes de Uxía Buciños.

]]>
http://estudosenmancomun.gal/eticas-feministas-desde-vincios/feed/ 0
Aquelarre colorido sobre o monte de Vincios http://estudosenmancomun.gal/aquelarre-colorido-sobre-o-monte-de-vincios/ http://estudosenmancomun.gal/aquelarre-colorido-sobre-o-monte-de-vincios/#respond Wed, 05 Apr 2017 18:41:53 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6961

“No mesmo lugar do Arruido onde vive A Vella, está a Touba do Brión. Alí din que vivía María, Gharza da Noite, deusa provedora de alimentos. Estaba emparellada co Brión, un bufo real hoxe extinto no val e case en Galiza.”

Os paxaros da fachada da Casa Colorida déronos a benvida a este fogar dos coidados e no que nos sentimos na casa. Últimos preparativos para cea, para a que empregariamos os pratos do antigo hostal Anduriña, no que se creou este centro social autoxestionado. A asamblea interna da comuneiras foi no patio traseiro da casa, e a ela asistiron tamén membros da Colorida.  Falamos das próximas sesións, da acción final que porá fin a esta edición do PEMAN e dos distintos grupos nos que estamos a traballar. Despois fixéronnos un percorrido guiado polo espazo, onde entendemos de primeira man o proxecto.

Ademais do modelo organizativo (funcionan coma un laboratorio cidadán ó redor da cultura libre) amosáronnos o traballo que alí fan na Universidade Libre, o lab de proxectos, as residencias, a horta, o grupo de crianza… Fomentan o intercambio de saberes cunha unha moeda social para as actividades e unha tenda de roupa sen cartos que funciona por troco. Despois da visita e de instalármosnos, sentímonos coma habitantes da casa. E así baixamos ó salón de eventos onde  ía comezar a primeira actividade aberta do módulo: O Aquelarre de sabias.

 

Olga Romansanta, comuneira do Programa,  presentou esta sesión e a nosa invitada Tereixa Otero. Tereixa é feminista, espeleóloga, activista e licenciada en Historia, e tamén mestra de Secundaria. Forma parte do clube de espeleoloxía Maúxo que con outros axentes locais como o Instituto de Estudos Miñorans  e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios contribúe a conservar ese patrimonio material e inmaterial do Val Miñor. Este traballo está recollido no proxecto online impulsado por Joana Covelo e Iago Valverde Cartografías Sensibles. Tereixa encheunos coas súas historias, moitas delas recollidas nesta cartografía dixital, da que se valeu para avanzar no seu relato.

Transmitiunos a súa paixón polas pedras, polo monte, coas súas lendas e a orixe dos seus nomes, e polas persoas que os habitan. Como ela di, leva no sangue as dúas micas do granito que poboa os montes do Val Miñor. Descubriunos non so a vida segreda das pedras, tamén das mulleres que traballaban no monte. Cada Domingo os e as do Maúxo saen ó monte en busca de pedras e das súas lendas e portan as/os habitantes. Nestes anos algunhas apareceron esnaquizadas, algunha coma a pedra das procesións consérvanse polas tradición, pero non se documentan apropiadamente co que quedan a mercede do espolio e do rédito fácil dos que descoñecen, ou descoñecían, a súa valía. Mais son moitas as ameazas que se cernen sobre o monte: as industrias eólicas, as explotacións mineiras, as canteiras do Porriño que ameazan o Galiñeiro. Todas queren sacar rédito do monte e das materias primas.

Cortesía: Casa Colorida (creative commons)

Conta Tereixa que a xente de fora, coma uns alemáns doutro clube espeleolóxico que viñeron visitar os montes, quedan marabilladas/os coa riqueza que aquí atoparon, coma as covas de granito, que non calcáreas. Pero tamén un tanto asustadas/os polo descoidado que está este patrimonio pola administración pública. Un exemplo diso é a usurpación dos tafoni, que se atopan que calquera xardín e que en Europa non so están protexidos dende fai tempo, senón que son respectados coma bens comúns por persoas de todas as cores.

Ollando á Serra do Galiñeiro, esa montaña coa rocha afiada que preside o val, ten cariz de pedra sagrada. Preguntámonos que puido pasar para que desconectaramos tanto da terra e explica como a Galiza tradicional tamén pasou a guerra, a ditadura e a represión. Explica como as tradicións máis ancestrais non conviviron ben co Nacional Catolicismo, que inundou ós/ás habotantes destas terras de vergoña e odio de pertencer ó rural. E así fómonos aloxando das pedras, do monte, das lendas que daban nome a cada recuncho dos vales, dos regueiros e dos montes. Conta Tereixa que aquelas persoas que naceron no século XIX móstranse máis abertas a este patrimonio inmaterial, que as que viviron a posguerra.

Eran as persoas que vivían no monte comunal: nenos e nenas, os canteiros, e as mulleres da repoboación, as que portan ese patrimonio inmaterial. Non se contan os paseos coas namoradas/os no monte, dinche unha filla de tal, pero non te din que filla, porque hoxe ela é unha señora respectable. Descóbrese un mundo agochado no monte, onde os saberes- poderes das mulleres aínda lles pertencían e as pegadas do ancestral aínda eran frescas. O traballo de recollida de toponimia está vencellado ás lendas de mouros e mouras, de pedras sagradas, de muíños que asubían, as rochas afiadas que apuntan ó ceo, os debuxos das procesións gravados nas pedras. Mais eran tradicións que non eran compatíbeis co Nacional Catolicismo que acompañou a ditadura e que arraigou no rural galego.

Aproveitando os tempos que estaba a correr os conflitos e as rifas entre a veciñanza levaron a xente a facerse propietaria dos terreos de labranza, e o monte quedou para aquelas persoas que non tiñan terras. As mulleres ían ó gando, coas cabras, ovellas ou vacas. Nos anos 40-70 había moito gando polo monte adiante e moito sen rexistrar polo réxime que non pagaba impostos e que era o sustento dos e das que menos tiñan. A repoboación forestal fíxose por mulleres, señoras maiores da zona recordan ir plantar carballos a Chan de Mingos conta Tereixa. Non hai que esquecer que por unha peseta ó día, as mulleres ían a repoboación forestal, e cando chegaban á casa aínda tiñan que atender a dúas persoas maiores encamadas, catro fillos, darlle de comer ás pitas, recoller as patacas… A engrenaxe produtivo da terra estaba ben traballada, porque diso dependía o pan. No Val Miñor chegáronse a dar catro colleitas de centeo o ano, aquel muíño non debía parar de asubiar. E ese traballo de coidado e supervivencia era maiormente das mulleres, traballo que aínda hoxe está invisibilizado, como testemuña que ningunha delas estivese aquel día alí con nós. Aínda hoxe son os homes os que van ó monte buscar esas paraxes de nomes esquecidos. Namentres elas atesouran na súa memoria ese patrimonio inmaterial agochado na intimidade do seu fogar e que Tereixa loita por visibilizar facendo visitas ás horas nas que os coidados da vida non as teñen atarefadas.

As xentes miñoranas din que as pedras son cura, Tereixa contounos algunhas historias das pedras de Vincios. Din que fai anos había unha pedra chamada Igrexa da Piñeira, un monolito duns catorce metros de altura cun buraco no medio polo que as crianzas xogaban, tamén está o “aiunque” na cova coñecida coma a Casa do Demo onde os canteiros de Vincios tiñan unha fragua onde as crianzas  ían brincar de nenos. Soamente queda o recordo cachola dos vellos e vellas. Mais as pedras están vivas, medran e transpórtanse, lévanas as Mouras que viven no monte.

A figura da vella é a da moura, máis moza, é de grande importancia na mitoloxía galega, e ten as súas correspondencias noutras coma a gaélica, asturiana ou leonesa. Sabemos pola toponimia que a deidade feminina da Vella, tan importante para os/as habitantes do Galiñeiro, mora na montaña, nas covas, nos outeiros ou entre os penedos. Coñecíase por ser deusa da fertilidade e da metereoloxía. En Vincios cando a Vella fumega entre os penedos  é sinal de que ía ser un inverno frío, é A Vella que no entorno do Arruido prende lume entre as rochas porque vai chegando o frío. Tamén disque estando dúas vellas unha cortou o Arco da Vella polo pé e así se formou Cova da Trapa, preto de Bouzas.

No mesmo lugar do Arruido onde vive A Vella, está a Touba do Brión. Alí din que vivía María, Gharza da Noite, deusa provedora de alimentos. Estaba emparellada co Brión, un bufo real hoxe extinto no val e case en Galiza. Esta parella interespecie era bastante peculiar. O Brión chamaba á Gharza para que lle trouxera de comer, mentres el coidaba dos fillos a Garza ía a Baiona a buscar peixe para alimentar á prole. O “ghalo bo”, chamaba a Garza polo seu nome, María. O seu cantar escoitábase no val arrepiando ós/ás máis pequenos/as. Nestas historias as mulleres estaban ben presentes, e que os homes, coma o Brión que aínda que paxaro, tiñan tamén un papel importante nos dos coidados da vida. Todas quedamos fascinadas por estas historias de Vellas, de Garzas e parellas interespecie, que revela as pegadas dun orde anterior á colonización do rural que, entre outras moitas cousas, invisivilizou as mulleres e desposuíunas do seus saberes ancestrais e do recoñecemento na comunidade.

É entón, despois de vivir esta xornada, cando nos preguntamos pola pertinencia dos nosos obxectos de estudo, do noso traballo no Programa de Estudos en Man Común. Os feminismos reempoderarían estas comunidades rurais pero a ferida do patriarcado é tan fonda, que aínda que nós poñamos todo o empeño ás veces sentimos que non chegamos.  A realidade aplastante da invisibilización do traballo das mulleres e a súa ausencia na esfera pública déixanos baleiras. As nosas bisavoas, aboas, nais e tías que foron para nós modelos de sabedoría non senten que teñan o seu lugar na historia. Sen embargo as lendas e os contos si que din que houbo un tempo no que eran as guardianas dos segredos dos montes, dos alimentos e da vida. As fillas, netas e sobriñas temos os feminismos, pero tamén a maxia dos seus saberes coma ferramenta para loitar por, para e con elas. Mentres o relato do progreso é lineal, na nosa man, a man común, estamos a crear relatos novos non lineais, dende o feminismo, que sanen esta ferida patriarcal formando novos tecidos que medren cos pes ben fondos na terra.

Neste día tocáronse dúas realidades:  a do rural colonizado cos seus reductos, e as resistencias como as que se dan na CMVMC de Vincios ou  na Casa Colorida,  laboratorio cidadán comprometido coa cultura libre. Partindo de lugares distintos encóntranse en lugares comúns de loita. O conformismo non é para as xentes do Val Miñor. No PEMAN conviven esas resistencias coma convivimos durante a cea  onde comuneirxs, coloridxs e invitadxs compartimos alimentos que todxs aportamos. Mentres no comedor colectivo da casa respirábase expectación polo que nos agardaba ó día seguinte: o Obradoiro coas Raias Traveseiras e un roteiro dinamizado pola comunidade de montes de Vincios.

Por Carmen Platero e comuneirxs do PEMAN.

]]>
http://estudosenmancomun.gal/aquelarre-colorido-sobre-o-monte-de-vincios/feed/ 0
Violencia e Saúde das Mulleres no Yucatán http://estudosenmancomun.gal/violencia-e-saude-das-mulleres-no-yucatan/ http://estudosenmancomun.gal/violencia-e-saude-das-mulleres-no-yucatan/#respond Tue, 21 Mar 2017 19:20:49 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6879
Dende a cidade de Mérida, Yucatán, o 9 de marzo do 2017, un día despois da celebración do recoñecido Día Internacional da Muller, que dende aquí reivindicamos tódolos días, celebrouse o conversatorio Violencia e Saúde das Mulleres no ]]>

Dende a cidade de Mérida, Yucatán, o 9 de marzo do 2017, un día despois da celebración do recoñecido Día Internacional da Muller, que dende aquí reivindicamos tódolos días, celebrouse o conversatorio Violencia e Saúde das Mulleres no Yucatán. Retos e Dasafíos no Centro Peninsular en Humanidades e en Ciencias Sociais (CEPHCIS) da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).

O encontro tivo lugar ás 5 da tarde no auditorio do Centro Peninsular, no antigo edificio Rendón Peniche, frente ao Museo dos Ferrocarrís da capital do estado. Chegamos moitas. Nós, dende a diáspora, démonos á tarefa de documentar o que alí pasou a partires da técnica do relatograma que, a nosa amiga Carla Boserman, espallou por todo o mundo co seu incrible traballo. Démonos á tarefa de compartir a experiencia que, en torno aos tres eixos de estudo deste programa -Comúns, Ruralidades e Feminismos-, estamos a vivir na emigración; de península a península.

A coordinadora do encontro, a recoñecida investigadora  Fátima Flores Palacios, inaugurou a sesión e mediou as mesas, introducindo preguntas como "de que maneira nos involucramos?" e facendo un chamado á acción aos xóvenes. Fátima presentou a primeira das mesas sobre "naturalización da violencia" na que participaron Nayelli Torres, do colectivo Yucatán Feminicida; Adelaida Salas, da A.C. Nin unha Máis e o Observatorio Ciudadano Nacional de Feminicidio de Yucatán e Nancy Walker, de KóoKay Ciencia Social Alternativa A.C.

Nayelli comezou a súa charla coa proxección dunha das entrevistas dos estudos de caso rexistrados sobre feminicidio entre o 2008 e o 2016 en Yucatán; a experiencia de Karina, de 34 anos, contada polas súas veciñas.

As novas xeracións, xunto con Nayelli Torres, Pablo Rojas ou Efraín Tzuc do colectivo Yucatán Feminicida, veñen traballando duro e demostrando que é posible recoller esa herdanza que deixaron outras mestras, loitadoras e activistas, no territorio. Demostrando que non é posible facelo soas, senón entre todas. Agora, neste mes de marzo de 2017, están a presentar oficialmente resultados dos estudos de caso que foron rexistrando nestes longos anos, con tanta dureza e perseverancia. Podes revisar a información recabada na súa páxina web.

 

Algunhas das palabras de Nancy Walker resoaron na miña cabeza ao escoitar como ela mencionaba o caso das mulleres migrantes como "mulleres que cumplen ao cuñado e ao pobo, sexualmente falando" ou como existe un "subrexistro escondido nas comisarías das comunidades". Walker concluiu alentando a que sexamos solidarias e esixamos "coma se nos estivese a pasar" ou como diría a filósofa belga Vinciane Despret, temos que deixar(nos) afectar.

"Como é posible que haxa feminicidios que non se xulgan como homicidios?" "Que pasa cos recursos, onde están?". "Á muller lévana dun lugar a outro como pelota", comenta Adelaida Salas en relación ao nacemento do Observatorio Ciudadano Nacional de Feminicidio de Yucatán que tivo o seu xerme na cidade de Campeche.

A segunda mesa, adicada á "sáude sexual e reprodutiva", estivo mediada por Judith Ortega, especialista en saúde sexual, e Sandra Peniche da Unidade de Atención Sexolóxica e Educativa (UNASE). A pregunta inicial de Judith foi como actuar? O seu centro puxo á autoestima como valor fundamental e a súa búsqueda focalizada nunha "saúde para todas" atendendo aos saberes populares e a participación comunitaria. Sandra situounos nun panorama cotiá e experiencial contando por ela mesma e aquilo que vive, día a día, no seu espazo de traballo no que "a práctica médica deixa moitísimo que desexar", "é peor que se estivesemos nunha guerra".

A terceira e derradeira das mesas rematou cun repaso histórico moi emotivo sobre o Feminismo en Yucatán, "os retos e desafíos". Un encontro interxeneracional e experiencial mediado por Gina Villagómez da Unidade de Ciencias Sociais (CIRS) da Universidade Autónoma de Yucatán (UADY); María Herrera, directora do Instituto Municipal da Muller en Yucatán e "Marytere" Teresa Munguía, da Facultade de Ciencias Antropolóxicas da UADY. Elas falan por sí soas, coa sororidade lagardeana que mencionou Marytere; coa solidaridade entre todas estas maravillosas mulleres que resiste neste entorno patriarcal hexemónico.

Se queredes coñecer máis información sobre o traballo impulsado dende o proxecto de investigación liderado por Fátima Flores Palacios, Xénero e Representacións Sociais no CEPHCIS UNAM, visita: http://investigacion.cephcis.unam.mx/generoyrsociales/

Adela Vázquez Veiga @AdelaVV

]]>
http://estudosenmancomun.gal/violencia-e-saude-das-mulleres-no-yucatan/feed/ 0