Sen categoría – Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal Ruralidades, Feminismos y Comunes Tue, 02 Oct 2018 14:16:36 +0000 en-US hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.16 http://estudosenmancomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/cropped-favicon2-32x32.png Sen categoría – Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal 32 32 Lara Dopazo Ruibal comuneira do PEMAN, nova bolseira da Academia de Roma http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/ http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/#respond Tue, 02 Oct 2018 08:47:58 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7301 A poeta Lara Dopazo Ruibal que, nesta edición do PEMAN, foi comuneira ademais de co-editora do libro “A través das marxes” ven ser seleccionada como bolseira da prestixiosa Academia de Roma. Esta boa nova supón un chanzo máis na exitosa carreira da poeta que recentemente tamén gañou a decimoséptima edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño coa obra “Claus e Alacrán”

Nesta ligazón pode accederse a resolución: http://www.accademiaspagna.org/wp-content/uploads/2015/04/Resoluci%C3%B3n-Beca-2018-2019.pdf

]]>
http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/feed/ 0
O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/ http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/#respond Tue, 07 Aug 2018 16:06:35 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7280 O libro A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos é un dos libros máis vendidos dacordo ao ranking de vendas elaborado polo xornal El Faro de Vigo e asi o indicaban este sábado 4 de agosto, tal e como figura na imaxe.

A obra A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.


A obra pode conseguirse nas seguintes librarías:
Online
http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

Santiago de Compostela
Libraría do CGAC
NUMAX
Chan da P​ó​lvora
DIDAC
​Couceiro

Pontevedra
Libraría Paz​

A Coruña:
Libraría Berbiriana
Xiada

Cangas do Morrazo
Libraría Wells

Bueu
Libraría Miranda

Donosti
Tobacco Days

Madrid
La Neomudejar
La Central do Museo Reina Sofía

Actualmente estamos facendo presentacións en diferentes espazos, se tes interese en que presentemos esta obra envíanos un email a info@estudosenmancomun,gal

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/feed/ 0
Presentación do libro A través das marxes na libraría Berbiriana http://estudosenmancomun.gal/7275/ http://estudosenmancomun.gal/7275/#respond Mon, 30 Apr 2018 15:12:05 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7275 O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o xoves 3 de maio ás 19:30h. na libraría coruñesa Berbiriana, situada na rúa Santiago, 7 na Porta Real. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola investigadora Helena Martinez e a consultora e membro da coop. Rexenerando Olga Romasanta. Ambas son coautoras do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

]]>
http://estudosenmancomun.gal/7275/feed/ 0
Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/ http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/#respond Mon, 12 Mar 2018 09:36:42 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7267 O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o venres 16 de marzo ás 19:30h. na libraría compostelá Couceiro. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola poeta e licenciada en xornalismos Lara Dopazo e por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC. Ambos son coautores do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

]]>
http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/feed/ 0
A memoria dos louceiros de Bamio e a impresión en 3D danse a man no Alg-a Lab http://estudosenmancomun.gal/a-memoria-dos-louceiros-de-bamio-e-a-impresion-en-3d-danse-a-man-no-alg-a-lab/ http://estudosenmancomun.gal/a-memoria-dos-louceiros-de-bamio-e-a-impresion-en-3d-danse-a-man-no-alg-a-lab/#comments Mon, 06 Feb 2017 09:37:42 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6703 O sábado 25 de febreiro  a partir das 17:00h. terá lugar no espazo independente de creación contemporánea Alga-Lab (Valladares, Vigo) unha Exposición-Obradoiro na que se abordarán as memorias dunha tradición cerámica coñecida a través de documentos históricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas da parroquia de Bamio (Vilagarcía de Arousa); á vez a través deste encontro pensaremos en torno ás tecnoloxías e as propias destrezas humanas, polo que a impresión en 3D ocupará un lugar destacado na sesión.

Dende hai uns meses a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio xunto a Beatriz Comendador, investigadora e profesora da Universidade de Vigo, levan traballando no proxecto Louceiros de Bamio, que procura atender á  memoria oral compartida da parroquia de Bamio, e do barrio do Campanario ou Os Louceiros, dedicada á olería. A finais dos anos 40, os derradeiros louceiros de Bamio abandonaron o traballo do barro. Na actualidade non se conserva ningún forno adicado á fabricación de louza e a tradición perdeuse. Esta investigación híbrida, na que participan investigadores e veciñas da zona, sumase nesta ocasión o saber facer da comunidade situada en torno ao Alg-a Lab. Este espazo pioneiro en Galicia de creación independente atende principalmente a revolución dixital e ao cambio de paradigma que supón; como pode ser o efecto das impresións en 3D.

A xornada comezará cunha conversa con representantes da Asoc. Mulleres Rurais de Bamio e Beatriz Comendador, quen nos explicarán as memorias agochadas a través desta forma artesanal de facer a louza, así como o traballo que están impulsando de cara a recuperar a memoria desa terra. Dende a mañá estará instalada no Alg-a Lab unha exposición sobre o proxecto Louceiros de Bamio.

Posteriormente seguirá unha intervención de Samuel Otero residente de Alg-a Lab quen abordará a hibridación na técnica escultórica; o artesán e as novas técnicas de 3D, seguido dunha conversa con Eloi Mancebo, impulso de Feitura, con que falaremos sobre os usos que da a impresión 3D para mellorar a creación de pezas.  A sesión contará cunha exposición efémera de traballos.

A través desta mestura de saberes e coñecementos e co obxectivo de ampliar a investigación a outras posibles persoas interesadas é polo que se abre esta Expo-Obradoiro que terá lugar na sede do Alg-a Lab o 25 de febreiro, co obxectivo de aquelar o espazo gustaríanos que se tes interese en participar nolo fixeras saber a través dun email a info@estudosenmancomun.gal (a selección farase por rigorosa orde de inscrición)

Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e unha ampla rede de colaboradores, e conta con financiamento da prestixiosa Fundación Daniel & Nina Carasso.  

O encontro é do resultado dunha convocatoria aberta á participación, na que xs participantes do Programa de Estudos seleccionaron un conxunto de 7 dinamizadorxs, podes ver o resultado e o resto das sesións nesta ligazón: http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/

Máis información do Proxecto Louceiros de Bamio

https://www.facebook.com/LouceirosdeBamio

]]>
http://estudosenmancomun.gal/a-memoria-dos-louceiros-de-bamio-e-a-impresion-en-3d-danse-a-man-no-alg-a-lab/feed/ 1
Un breve relato en torno ao Coloquio: Unha ollada ao decolonialismo http://estudosenmancomun.gal/un-breve-relato-en-torno-ao-coloquio-unha-ollada-ao-decolonialismo/ http://estudosenmancomun.gal/un-breve-relato-en-torno-ao-coloquio-unha-ollada-ao-decolonialismo/#respond Thu, 19 May 2016 09:57:48 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=5058 O 18 de maio na Zona C en Santiago de Compostela tuvo lugar o “Coloquio: Unha ollada ao decolonialismo, cara outras relacións Sur-Norte”. Esta sesión enmarcábase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns e supuxo un punto de partida do propio Programa, co obxectivo de tender pontes entre o decolonialismo e as teorías que enaman dos comúns, dos feminismos ou das propias ruralidades.

coloquioramon

Asi no coloquio analizáronse conceptos como a colonialidade que ten que ver, en palabras do propio profesor en “como a expansión colonial europea no mundo, produxo, ao calor desa historia, unhas xerarquias de poder a escala global, que non se agotan cunha existencia dunha colonización dun país”.  Hai unha colonialidade na racialización, a través do patriarcado, que en palabras do teórico do decolonialismo, ven da cristiandade, así tamén existen xerarquías epistemolóxicas, ou tamén de xerarquías lingüísticas (vésaxe nas linguas minorizadas), xerarquías estéticas…

A través da conversa con Ramón Grosfoguel transitamos pola necesidade de reconfigurar a visión da universidade occidental, ou desa visión da ciencia positivista que ven da teoría do de Descartes do “penso, logo existo”, unha visión na que considera que non existen xuizos de valor previos, e que, en principio, dota ese carácter universalista. Fronte a esa visión, o decolonialismo considera que cómpre camiñar cara unha pluralidade epistemolóxica, reivindicando unha visión pluriversalista, que permita reverter con ese “xenocidio epistémico”

Mais tamén na propia conversa analizouse a pertinencia de que a esquerda europea sexa quen de superar a súa visión eurocéntrica, e poida, dalgunha maneira acercarse ao Sur Global; e transitar por outras vías que se están dando noutros territorios, que permitan abrazarnos a outros procesos que superen a modernidade.

Aquí podes escoitar o audio enteiro da conversa:

]]>
http://estudosenmancomun.gal/un-breve-relato-en-torno-ao-coloquio-unha-ollada-ao-decolonialismo/feed/ 0