mediadorx – Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal Ruralidades, Feminismos y Comunes Tue, 02 Oct 2018 14:16:36 +0000 en-US hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.11 http://estudosenmancomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/cropped-favicon2-32x32.png mediadorx – Programa de Estudos en Mancomun http://estudosenmancomun.gal 32 32 Lara Dopazo Ruibal comuneira do PEMAN, nova bolseira da Academia de Roma http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/ http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/#respond Tue, 02 Oct 2018 08:47:58 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7301 A poeta Lara Dopazo Ruibal que, nesta edición do PEMAN, foi comuneira ademais de co-editora do libro “A través das marxes” ven ser seleccionada como bolseira da prestixiosa Academia de Roma. Esta boa nova supón un chanzo máis na exitosa carreira da poeta que recentemente tamén gañou a decimoséptima edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño coa obra “Claus e Alacrán”

Nesta ligazón pode accederse a resolución: http://www.accademiaspagna.org/wp-content/uploads/2015/04/Resoluci%C3%B3n-Beca-2018-2019.pdf

]]>
http://estudosenmancomun.gal/lara-dopazo-ruibal-comuneira-do-peman-nova-bolseira-da-academia-de-roma/feed/ 0
O libro A través das marxes entre os libros máis vendidos http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/ http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/#respond Tue, 07 Aug 2018 16:06:35 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7280 O libro A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos é un dos libros máis vendidos dacordo ao ranking de vendas elaborado polo xornal El Faro de Vigo e asi o indicaban este sábado 4 de agosto, tal e como figura na imaxe.

A obra A TRAVÉS DAS MARXES é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.


A obra pode conseguirse nas seguintes librarías:
Online
http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

Santiago de Compostela
Libraría do CGAC
NUMAX
Chan da P​ó​lvora
DIDAC
​Couceiro

Pontevedra
Libraría Paz​

A Coruña:
Libraría Berbiriana
Xiada

Cangas do Morrazo
Libraría Wells

Bueu
Libraría Miranda

Donosti
Tobacco Days

Madrid
La Neomudejar
La Central do Museo Reina Sofía

Actualmente estamos facendo presentacións en diferentes espazos, se tes interese en que presentemos esta obra envíanos un email a info@estudosenmancomun,gal

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-libro-a-traves-das-marxes-entre-os-libros-mais-vendidos/feed/ 0
Presentación do libro A través das marxes na libraría Berbiriana http://estudosenmancomun.gal/7275/ http://estudosenmancomun.gal/7275/#respond Mon, 30 Apr 2018 15:12:05 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7275 O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o xoves 3 de maio ás 19:30h. na libraría coruñesa Berbiriana, situada na rúa Santiago, 7 na Porta Real. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola investigadora Helena Martinez e a consultora e membro da coop. Rexenerando Olga Romasanta. Ambas son coautoras do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

]]>
http://estudosenmancomun.gal/7275/feed/ 0
Presentación do libro A través das marxes na libraría Couceiro http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/ http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/#respond Mon, 12 Mar 2018 09:36:42 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7267 O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o venres 16 de marzo ás 19:30h. na libraría compostelá Couceiro. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola poeta e licenciada en xornalismos Lara Dopazo e por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC. Ambos son coautores do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

]]>
http://estudosenmancomun.gal/presentacion-do-libro-a-traves-das-marxes-na-libraria-couceiro/feed/ 0
Ler o monte o sábado 13 en O Carballo Friol http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/ http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/#respond Fri, 05 Jan 2018 11:01:05 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=7262 O Programa de Estudos en Man Común Feminismos, Ruralidades e Comúns remata tras case dous anos de traballo e gustaríanos facelo nun encontro no que mesturar a presentación dun libro coa visita a unha comunidade de montes. Por iso facemos este convite, para animarvos a acompañarnos na sesión Ler o Monte.

O encontro terá lugar o sábado 13 de xaneiro no Monte veciñal en Man común de O Carballo, Friol (Lugo). Comezará cun roteiro guiado, a partir das 11h, para coñecer o uso multifuncional que se fai do monte e o aproveitamento que tira a comunidade del.

Da man dxs comuneirxs coñeceremos a aposta pola valorización do monte a través do aproveitamento que fan do mel, da explotación de porco celta ou da exitosa festa da Rapa das Bestas.

Despois do xantar, no mesmo local da comunidade de montes, a hora do café será testemuña da presentación do libro “A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns”, por parte de editorxs e autorxs da publicación e colaboradorxs do PEMAN

A través das marxes, escrita polxs participantes e colaboradorxs do PEMAN, preséntase como un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos tras máis de ano e medio de traballo no PEMAN. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento  entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en mancomún a unha comunidade de aprendizaxe.

O libro foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico e a través da súa web xa se pode acceder a pre-compra do libro http://bartlebooth.tictail.com/product/a-trav%C3%A9s-das-marxes

A xornada está aberta a participación, mais cómpre inscribirse a a través do email info@estudosenmancomun.gal. Para as persoas participantes ofrecerase a posibilidade de compartir coche para reducir os custes ambientais e económicos do desprazamento, organizado a través dun pad, un editor colaborativo.

 

]]>
http://estudosenmancomun.gal/ler-o-monte-o-sabado-13-en-o-carballo-friol/feed/ 0
Das resistencias ou de como ler o franquismo dende o cotía http://estudosenmancomun.gal/das-resistencias-ou-de-como-ler-o-franquismo-dende-o-cotia/ http://estudosenmancomun.gal/das-resistencias-ou-de-como-ler-o-franquismo-dende-o-cotia/#respond Thu, 02 Mar 2017 16:22:20 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6853 Fronte á estendida idea de que os labregos e labregas de Galicia foron sobre todo aliados/as do réxime franquista, na sesión do PEMAN de Xaneiro falamos coa historiadora do agro Ana Cabana sobre as moitas resistencias cotiás que en especial as mulleres desenvolveron diante do réxime ditatorial e sobre os porques do seu éxito: entre outros, que se aproveitaron do propio discurso franquista, do seu machismo.

Se ben a meirande parte da poboación non se opuxo frontalmente ao réxime, a historiografía demostra que si foron moi comúns as prácticas de resistencia ao franquismo e que para moitas labregas sobreleva-lo réxime pos-39 non foi incompatible a coa posta de cortapisas ao mesmo.

A historia, e esta do rural galego no franquismo non é unha excepción, non ten recoñecido tradicionalmente un papel activo ás mulleres e nas fontes documentais sobre a época, os motivos polos cales as mulleres son consideradas como non aliñadas co franquismo varían entre ser nais ou fillas de guerrilleiros, estar casadas cun republicano, etc. A muller non é recoñecida como suxeito político, velaí o potencial que terá para rebelarse durante o franquismo, ou cando menos para facelo cunhas represalias de menor intensidade ca no caso dos homes.

Recupera-la memoria desta xeración represaliada polo franquismo é o que pretende o proxecto interuniversitario “Nomes e Voces”, do que Ana Cabana participou. Entre outras, o proxecto ten datado que entre os anos 36 e 39 cando menos 12.253 persoas foron asasinadas en Galicia por forzas do bando nacional. Un 3% eran mulleres. Ademais dos asasinatos, toda unha xeración sufriu directa ou indirectamente as consecuencias da represión franquista. Constitúese entón unha memoria amedrentada, das xeracións de homes e mulleres que decidiron esquecer e construír unha cotidianidade en paralelo ao franquismo porque “non se pode ser vítima durante 40 anos”.

A poboación esqueceu, pero estuda-la vida cotiá das persoas nos anos de guerra civil e ditadura é fundamental para entender cales foron os límites cos que o réxime franquista topou. Un dos límites máis claros do réxime no rural galego foron as comunidades. Sen querer idealizalas, e cando as podemos entender como unha extensión das familias, non escollida, estas funcionaron como un grande soporte á poboación local, que se unía diante das inxerencias por parte de persoas alleas á comunidade e que ameazaba as posibilidades para a súa subsistencia. Contra a memoria colectiva de que a paz social reinaba nestas zonas, outras fontes dan fe da multitude de fórmulas de resistencia-que non oposición- ao réxime no rural galego, incluíndo non conformismos, rexeitamentos, disensos e protestas.

Como funcionou a represión no rural galego?
Básicamente seguiu unha estratexia didáctica, perseguindo con especial dureza cabezas de turco como os cargos de responsabilidade das asociacións e sociedades agrarias. O resultado buscado: desorganiza-la sociedade civil. Diante desta, as resistencias responderon a distintas lóxicas: de autoconservación individual (seguir gardando algo de ti, da túa identidade) pero tamén de defensa da propia cosmovisión social, na cal o comunal era un piar fundamental. Así, defende-lo comunal durante o franquismo non pode entenderse como unha crítica ao réxime, nin demostración dunha conciencia política determinada. Era a base da existencia das comunidades, unha liña vermella da que non se podía pasar.

O repertorio das formas de protesta foi moi rico, con moitas variantes locais.As mulleres de Lorenzana foron protagonistas dun motín diante da suba dos tributos en especia, con trigo que tiñan que ofrecer (resistencia aberta). Noutros casos as comunidades de montes, expoliadas de parte das súas propiedades, acudiron aos xulgados a demandar a intervención das súas terras (resistencia institucionalizada). As mulleres aproveitaron a consideración por parte do réxime como carentes de vocación política para ser o sostén principal de moitos guerrilleiros que se botaron ao monte neses anos (resistencia non dirixida). Os rumores e traspaso de información dentro das comunidades como fórmula de gañar capacidade de reacción foi tamén común (resistencia implícita).

Nun estudo de caso no Concello de Ponteveda nos anos 50 recóllese que moitas parroquias rurais negáronse a pagar o tributo á Hermandade (sindicato agrario vertical imposto polo franquismo), incrementándose o número de parroquias e a radicalidade nas formas de resistencia ao pago do tributo a medida que pasaban os anos. A mobilzación das mulleres destes lugares foi a chave do éxito destas protestas e demostraron como revertiron na contra do réxime os seus propios fundamentos, alterando dentro do seu propio marco a ansiada paz social, outra das pezas da memoria amedrentada.

Texto escrito por Helena Martinez, comuneira do PEMAN

]]>
http://estudosenmancomun.gal/das-resistencias-ou-de-como-ler-o-franquismo-dende-o-cotia/feed/ 0
A memoria dos louceiros de Bamio e a impresión en 3D danse a man no Alg-a Lab http://estudosenmancomun.gal/a-memoria-dos-louceiros-de-bamio-e-a-impresion-en-3d-danse-a-man-no-alg-a-lab/ http://estudosenmancomun.gal/a-memoria-dos-louceiros-de-bamio-e-a-impresion-en-3d-danse-a-man-no-alg-a-lab/#comments Mon, 06 Feb 2017 09:37:42 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6703 O sábado 25 de febreiro  a partir das 17:00h. terá lugar no espazo independente de creación contemporánea Alga-Lab (Valladares, Vigo) unha Exposición-Obradoiro na que se abordarán as memorias dunha tradición cerámica coñecida a través de documentos históricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas da parroquia de Bamio (Vilagarcía de Arousa); á vez a través deste encontro pensaremos en torno ás tecnoloxías e as propias destrezas humanas, polo que a impresión en 3D ocupará un lugar destacado na sesión.

Dende hai uns meses a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio xunto a Beatriz Comendador, investigadora e profesora da Universidade de Vigo, levan traballando no proxecto Louceiros de Bamio, que procura atender á  memoria oral compartida da parroquia de Bamio, e do barrio do Campanario ou Os Louceiros, dedicada á olería. A finais dos anos 40, os derradeiros louceiros de Bamio abandonaron o traballo do barro. Na actualidade non se conserva ningún forno adicado á fabricación de louza e a tradición perdeuse. Esta investigación híbrida, na que participan investigadores e veciñas da zona, sumase nesta ocasión o saber facer da comunidade situada en torno ao Alg-a Lab. Este espazo pioneiro en Galicia de creación independente atende principalmente a revolución dixital e ao cambio de paradigma que supón; como pode ser o efecto das impresións en 3D.

A xornada comezará cunha conversa con representantes da Asoc. Mulleres Rurais de Bamio e Beatriz Comendador, quen nos explicarán as memorias agochadas a través desta forma artesanal de facer a louza, así como o traballo que están impulsando de cara a recuperar a memoria desa terra. Dende a mañá estará instalada no Alg-a Lab unha exposición sobre o proxecto Louceiros de Bamio.

Posteriormente seguirá unha intervención de Samuel Otero residente de Alg-a Lab quen abordará a hibridación na técnica escultórica; o artesán e as novas técnicas de 3D, seguido dunha conversa con Eloi Mancebo, impulso de Feitura, con que falaremos sobre os usos que da a impresión 3D para mellorar a creación de pezas.  A sesión contará cunha exposición efémera de traballos.

A través desta mestura de saberes e coñecementos e co obxectivo de ampliar a investigación a outras posibles persoas interesadas é polo que se abre esta Expo-Obradoiro que terá lugar na sede do Alg-a Lab o 25 de febreiro, co obxectivo de aquelar o espazo gustaríanos que se tes interese en participar nolo fixeras saber a través dun email a info@estudosenmancomun.gal (a selección farase por rigorosa orde de inscrición)

Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e unha ampla rede de colaboradores, e conta con financiamento da prestixiosa Fundación Daniel & Nina Carasso.  

O encontro é do resultado dunha convocatoria aberta á participación, na que xs participantes do Programa de Estudos seleccionaron un conxunto de 7 dinamizadorxs, podes ver o resultado e o resto das sesións nesta ligazón: http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/

Máis información do Proxecto Louceiros de Bamio

https://www.facebook.com/LouceirosdeBamio

]]>
http://estudosenmancomun.gal/a-memoria-dos-louceiros-de-bamio-e-a-impresion-en-3d-danse-a-man-no-alg-a-lab/feed/ 1
As mulleres e a resistencia ao franquismo a debate o 28 de xaneiro http://estudosenmancomun.gal/as-mulleres-e-a-resistencia-ao-franquismo-a-debate-o-28-de-xaneiro/ http://estudosenmancomun.gal/as-mulleres-e-a-resistencia-ao-franquismo-a-debate-o-28-de-xaneiro/#respond Tue, 17 Jan 2017 13:17:50 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6601 O 28 de xaneiro terá lugar, nunha localización sorpresa, en Santiago de Compostela, un encontro con Ana Cabana, coa que abordaremos “Mulleres:protagonistas na resistencia ao franquismo”. Con Ana Cabana investigaremos ás distintas formas e metodoloxías de diverxencia rastrexadas na Galicia rural das primeiras décadas do réxime franquista e que configuran un marco de identidade colectiva recoñecible, coherente e protector dun xeito de vida propio. Esta resistencia silente, con voces e xestos que deixaron rastro, proba a conflitividade existente en Galicia durante estes anos e desvirtúa o estereotipo dunha contorna sometida e próxima ao réxime.

O Encontro está aberto á participación, con prazas limitadas, polo que cómpre inscribirse no enderezo info@estudosenmancomun.gal (a selección farase por rigurosa orde de inscripción), neste email é preciso sinalar un número de telefono co que enviaremos un whastapp 30 min. antes, coas indicacións do espazo.

Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores.

A sesión está mediada por Ana Cabana (Castro de Rei, Lugo, 1976) Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) con Premio Extraordinario, coa tese Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto. Actualmente é profesora contratada doutora no Campus de Lugo da USC.

Completou a súa formación con estadías en diversos centros de investigación como o Centro de Etnoloxía Portuguesa (Universidade Nova de Lisboa), a London School of Economics e a Universidade Autónoma de Madrid.

As súas liñas de investigación son: historia contemporánea, historia agraria, historia rural, historia de Galicia.

Entre as súas publicacións máis recentes destacan: (2009): Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, Santa Comba, 3C3; (2011) “De imposible consenso. Actitudes de consentimiento hacia el franquismo en el mundo rural (1940-1960)”, Historia Social, 71, pp. 89-106; (2011): “Memoria colectiva y “Revolución Verde”. Más allá del cambio productivo y ecológico”, en Lanero Táboas, D. y Freire, D. (coord.), Agriculturas e innovación tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), pp. 191-212; (2012): “Um sujeito incómodo para um tempo difícil. Atitudes camponesas e franquismo”, Ler História, 63, pp.145-162; (2013): “Mientras dormían”. Transición y aprendizaje político en el mundo rural”, en Rodríguez Barreira, O. (ed.), El franquismo desde los márgenes. Campesinos, mujeres, delatores, menores, Universidad de Almería & Universitat de Lleida, pp. 57-76; (2013): La derrota de lo épico, Valencia, PUV; (2013): “James C. Scott y el estudio de los dominados: su aplicación a la historia contemporánea”, Historia Social, 77, pp. 73-93 (coautoría con Miguel Cabo Villaverde).

A próxima sesión do Programa de Estudos terá lugar o 25 de febreiro con Beatriz Comendador e os Louceiros de Bamio, pronto máis novedades.

]]>
http://estudosenmancomun.gal/as-mulleres-e-a-resistencia-ao-franquismo-a-debate-o-28-de-xaneiro/feed/ 0
Maneiras de habitar Allariz nunha fin de semana para pensar… http://estudosenmancomun.gal/maneiras-de-habitar-allariz-nunha-fin-de-semana-para-pensar-as-comunidades/ http://estudosenmancomun.gal/maneiras-de-habitar-allariz-nunha-fin-de-semana-para-pensar-as-comunidades/#respond Tue, 27 Dec 2016 11:46:01 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=6584 O venres 9 de decembro de 2016, nun día soleado, fermoso e frío, chegamos ao camping Os Invernadeiros de Allariz, en Ourense, para reunírmonos as compañeiras do Programa de Estudos en Mancomún (PEMAN) e compartir unha sesión interna ao carón do lume, nun dos espazos da cafetería do camping que moi amablemente nos ofreceron os donos do negocio.

A previsión para co PEMAN era traballar unha ampla axenda que, finalmente, decidimos acotar para acadar os obxectivos prantexados. Chegamos animadas, ledas, cansas e con ganas de darlle. A sesión resultou produtiva e nela destacouse a importancia de manter este tipo de sesións internas como un previo ás sesións públicas que terán lugar cada mes en diversos lugares da Galiza. Tamén, e sobre todo, como espazo de convivencia nunha fin de semana máis longa.

Esa noite ceamos xuntas nun lugar moi especial que nos recomendou o noso compañeiro Roi, veciño de Allariz: a Casa Fandiño. Un espazo deses que cando vas a un pobo quixeras coñecer; o espazo perfecto para ese día no que todas estabamos emocionadas, con moitas ganas de compartir esa fin de semana e nese momento, logo dunhas horas de traballo, con moita fame. O restaurante conta cun espazo reformado no que non había lugar para nos sentar, así que preparáronnos unha mesa na parte antiga da casa, un museo da memoria no que ficamos tan a gusto que os sorrisos e as expresións “que marabilla”, “que chulo”, “que ben”, fixeron da cea un encontro único. Comemos tortilla, queixos, xamón, croquetas e zorza, acompañados dun bo viño e licores da terra.

Espertamos o sábado á mañá, felices e animadas, nas cabañas do camping. Algunhas comentabamos que era como estar de campamento, con moita ilusión, coma nenas. A noite pasada houbera algo de festa e baile nos bares do pobo; o día merecía celebración. Chegamos a Allariz para a sesión interna e para esperar ao resto das compañeiras e ós socios do PEMAN. Fomos chegando pouco a pouco ao Centro de Promoción Económica é puntuais, cara as 11, comezamos. Fran Quiroga presentou información básica sobre o programa nunha breve conversa para expór o camiño feito e o que queda por percorrer no PEMAN. Logo abrimos uns minutos para unha intervención polifónica das comuneiras -en base ás suás experiencias- e dos socios que nos acompañaban, que lanzaron preguntas como “que novas relacións xorden a partires dos novos encontros?” ou “como se fai tanxible, na praxe, tanta diversidade?”. As respostas foron xurdindo e fluindo nesa polifonía comuneira e ficaron abertas moitas cuestións, para seguir abordándoas e traballando nelas.

Unha pausa para un café a media mañá na fermosa cafetería do centro, supuxo unha recollida de enerxía e tempo para nos abrazar e para nos (re)coñecer. Nunha segunda volta iniciamos a dinámica Diálogo de Saberes, que merece un outro post nesta web, coa finalidade de resolver o propio diálogo cunhas dinámicas que funcionaron como retos ficticios e que nos uniron en diferentes grupos para tratar de resolver e xerar propostas a tres problemáticas: a escasa presenza de mulleres nas cooperativas agrarias; a petición da devolución do monte veciñal de Chá e a pesquisa dunha segunda vida para a escoliña do Vilar. Foron mesas de traballo, non só produtivas senón empáticas e afectivas onde houbo moita complicidade, e onde as nosas propias experiencias permitiron que compartísemos unha sesión amena na que as mediadoras fixeron un traballo de facilitación inmellorable; moi a gusto.

Chegou a hora do xantar, que ganas e que fame! Un momento para facer comunidade nun ambiente distendido onde sentármonos con persoas que non coñecemos, coa curiosidade e a emoción que isto entraña. Xuntámonos no restaurante do camping, onde nos acolleron de marabilla, cun boísimo alimento e o cariño e a atención das persoas traballadoras do lugar. Cada quen logo contaba, pola tarde, o xenial que fora a comida, que tantas cousas compartiron nas mesas e que boas persoas todas.

Pola tarde iniciamos coa sesión Pensar a(s) comunidade(s): O conflito entre novas e vellas maneiras de habitar o rural galego dinamizada polo colectivo nacente Aldeas de Bogo, conformado por María José Fernández e Celtia Traviesas. Un encontro que nos reuniu a unhas 50 persoas no auditorio do Fogar de Maiores de Allariz para escoitar a María Xosé e Celtia, dúas mulleres nacidas en A Pontenova (Lugo). Unha sesión aberta ao público que tivo como obxectivo establecer un diálogo entre as novas e as vellas maneiras de habitar o rural para entender se éste pode ser unha ferramenta de transformación.

Celtia dixo de María Xosé que tiña unha das mellores voces da Galiza, ámbalas dúas a teñen e ámbalas dúas emocionan cos seus relatos experienciais e coa súa intelixencia. Compartiron con nós que quixeron investigar o medio no que habitaban e que, ao mesmo tempo, lles habitaba a elas, pois é un procomún. Tamén quixeron reflexionar connosco sobre a xente que habita o rural, sobre a percura da comunidade e o rural como conceptos e realidades; sobre as comuneiras, sobre as mulleres.

Reflexionamos, entre todos, sobre os novos modelos de produción; sobre o interese da administración no abandono do rural; sobre a importancia de falar do rural dende tódolos eidos; sobre o papel das novas tecnoloxías; sobre o cambio no modelo de consumo para poder falar do cambio no modelo de produción, “pois o rural non é rural se non se producen alimentos nel” (María Xosé Fernández); sobre os traballos non monetarizados das mulleres; sobre a pertenza; sobre a memoria oral; sobre a axuda, a proximidade e as portas abertas das casas no rural; sobre a cidade, tamén.

“Claro que hai comunidade, como non vai existir? afirmaron rotundamente os amigos da Comunidade de Montes de Vincios.

Nesta sesión falaron elas, María Xosé e Celtia; falaron eles, os veciños de Bogo e falamos nós, os asistentes.

Comuneiras, habelas hailas.
AdelaVV

]]>
http://estudosenmancomun.gal/maneiras-de-habitar-allariz-nunha-fin-de-semana-para-pensar-as-comunidades/feed/ 0
O 10 de decembro Obradoiro Pensar a(s) comunidade(s) en Allariz http://estudosenmancomun.gal/o-10-de-decembro-obradoiro-pensar-as-comunidades-en-allariz/ http://estudosenmancomun.gal/o-10-de-decembro-obradoiro-pensar-as-comunidades-en-allariz/#respond Wed, 30 Nov 2016 11:00:45 +0000 http://estudosenmancomun.gal/?p=5893 O sábado 10 de decembro ás 17:00h. terá lugar no Fogar dos Maiores en Allariz o Obradoiro Pensar a(s) comunidade(s): O conflito entre novas e vellas maneiras de habitar o rural galego, dinamizado polo Colectivo nacente “aldeas de Bogo” (María José Fernández e Celtia Traviesas)

Este encontro aberto procura establecer un diálogo entre novas e vellas maneiras de habitar o rural –dende o máis social ao máis íntimo– para ver se é posible superalo e en que medida será ferramenta de mellora e transformación; asi como reflexionar sobre o concepto de comunidade(s). Cómo pensalas cando os límites son necesariamente difusos, tan “líquidos” hoxe en día? Cómo pensar a comunidade problematizando os conceptos que a compoñen: concepto de pertenza/non pertenza; membresía (é o mesmo que pertenza?); propiedade, bens comúns, formas de xestión e acceso, formalidade/informalidade, participación e representación.

O Encontro está aberto á participación, e conta coa colaboración do Concello de Allariz no seu desenvolvemento e apoio económico. a sesión terá comezará as 17:00h. no Fogar dos Maiores e Allariz

Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos que é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. Nesta ocasión contamos co apoio da Comunidade Veciñal do Monte en Man Común de o Carballo.

A sesión está mediado por Colectivo nacente “aldeas de Bogo”, mais quen veñen sendo?

María José Fernández López

“Nacín en 1978 en A Pontenova, terra de altos fornos que define o límite Sur das Terras de Miranda. Enxeñeira forestal de formación, comecei a miña vida laboral na Escola de Enxeñería de Mieres, no eido da investigación agro-forestal. No 2011 din un xiro de 180 graos e volvín ó punto de partida para codirixir a empresa familiar en activo dende os anos 50. Son, pois, a terceira xeración de empresarias da madeira da miña familia. E, alèn da madeira, a poesía. Formo parte do colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar e parte dos meus poemas están aparecen en varias revistas literarias e publicacións colectivas. A última delas, “Aldeas sen voz”, un proxecto foto-poético que xira en torno á desaparición do rural galego. Ese espazo que, as que nun momento dado decidimos voltar, percibimos aínda cheo de futuro.
Dirixe a empresa familiar Maderas Torres”

E Celtia Traviesas Méndez
“Nacín en 1982, tamén na Pontenova. Cando tiña 4 anos leváronme vivir á Coruña. Pero seguín sendo da Pontenova. Penso que unha non é de onde circustancialmente vive, senón de a onde sempre lle gusta volver. Son enxeñeira agrícola e xornalista. Durante 8 anos estiven emigrada en Barcelona e alí exercín como xornalista en varios medios, entre eles La Voz de Galicia. Volvín e montei unha cooperativa de proxectos educacativos e culturais na Mariña lucense. Logo dirixin un xornal comarcal. Agora vivo en Vigo, ando metida en política. Cada vez menos, ou máis, aínda non o teño moi claro. Tamén son alumna do Masterterra.

Actualmente é asesora de eurodiputada”

Esta sesión é o resultado dunha convocatoria aberta á participación, na que xs participantes do Programa de Estudos seleccionaron un conxunto de 7 dinamizadorxs, podes ver o resultado e o resto das sesións nesta ligazón: http://estudosenmancomun.gal/resolucion-da-convocatoria-de-dinamizacion-de-modulos-do-peman/

]]>
http://estudosenmancomun.gal/o-10-de-decembro-obradoiro-pensar-as-comunidades-en-allariz/feed/ 0